Este luns abre o curso do Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo

O equipo directivo e docente do Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo deu este luns a benvida aos alumnos e alumnas de 1º e 2º dos ciclos superiores de Realización e Produción neste curso 2025-2026, no que se manterá o modelo de ensino público e de calidade que promove a institución provincial no seu centro educativo, coas prácticas en escenarios reais e a gratuidade da matrícula como principais sinais de identidade.

O alumnado de 1º, ademais de coñecer as instalacións da escola, recibiu información sobre a planificación do curso, horario e outros aspectos organizativos de interese. En canto aos estudantes de 2º, participaron nunha xornada de asesoramento sobre os módulo de Proxectos.

A escola de imaxe e son da Deputación inicia este novo curso coa totalidade de prazas cubertas en Realización, cun total de 20 novos mozos e mozas matriculados nesta especialidade. No caso de Produción, con vacantes aínda dispoñibles, manterase aberto o prazo de matrícula ata o mes de outubro. As persoas que estean interesadas poden acceder a toda a información sobre este ciclo en:http://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/audiovisuais/centro_formacion/regrada0/matricula, ou ben chamando ao número de teléfono do centro: 982.284.667.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com