Este martes 29 de xullo a fonte de San Vicente volverá a manar viño

Este martes, 29 de xullo, a fonte de San Vicente na Praza do Campo volverá a manar viño. Salvo excepcións moi contadas, cada ano o día de Santa Marta, patroa da Hostalería, celébrase esta festa cada vez máis popular. Esta divertida tradición fai que, grazas ao patrocinio de Viliga (Viños e Licores de Galicia) o público #gozar @gratuitamente do viño que mana a monumental fonte barroca de San Vicente da Praza do Campo de Lugo, do século XVIII, onde se repartirán miles de vasos aos asistentes.  A asociación Lugo Monumental, axudará un ano máis a levar a cabo a milagre de San Vicente, onde tamén haberá un grupo que poñerá a animación ao evento e que despois seguirá facendo de pasacalles na zona co que a diversión está asegurada máis aló do propio “milagre”.

O mecanismo empregado para facer o “Milagre” é relativamente sinxelo e conta con tres grandes bidóns en que se deposita o viño, que a través de tubos alimentarios sae polos tres caños da fonte barroca de San Vicente. Hai que destacar que o viño non toca a fonte en ningún momento o que repercute tanto nun uso garantista do monumento, como na perfecta hixiene do evento, algo que a Asociación coida meticulosamente.

Como é tradicional, neste acto entregaranse cunha moi sinxela cerimonia, os premios da Asociación Lugo Monumental:

Premio a “Toda unha vida na hostalería”: Café do Centro

Premio “Comercio singular”: Confeccións García

Socio de honra: Lugo Monumental elixe ocasionalmente un socio de honra, que non é anual senón cando hai circunstancias que o fan oportuno. Nesta ocasión designouse ao Peón Descoñecido como socio de honra, en agradecemento a todos os lucenses que durante as longas obras seguiron acudindo ao centro histórico e mantendo os locais do centro á flote a pesar das grandes dificultades e mesmo os accidentes.

Tamén haberá un galardón “sorpresa”, que se revelará durante o evento.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com