O vindeiro martes, 3 de febreiro, daranse a coñecer os finalistas desta edición dos Premios Mestre Mateo, no vello Cárcere. Por primeira vez, o público poderá asistir á lectura de finalistas, que correrá a cargo do comunicador Juan Fuentes, coñecido por presentar o programa Quen anda aí? e gañador do Premio Mestre Mateo a Mellor Comunicador, e a actriz Andrea Fernández, finalista a un Premio Mestre Mateo na categoría de mellor actriz polo seu papel no filme As Neves.
Unha vez coñecidos os finalistas, o público de Lugo terá a posibilidade de asistir á proxección das longametraxes e documentais finalistas nos Cines Códex, que contarán coa presentación dos equipos das obras. As sesións serán gratuítas, de acceso libre ata completar capacidade e celebraranse os días martes 10, mércores 11, mércores 18, xoves 19, martes 24 e mércores 25 de febreiro, así como os días martes 3 e mércores 4 de marzo ás 19 horas. A guionista Clara Coira será a encargada de moderar os coloquios cos equipos dos filmes.
A gala dos Premios Mestre Mateo, que se celebrará o 21 de marzo en Lugo, contará cunha ampla programación de actividades previa que pretende achegar o certame á cidadanía e fomentar a súa participación activa.
Como asistir ás actividades relacionadas cos Premios Mestre Mateo
Todas as actividades organizadas pola Academia Galega do Audiovisual incluidas na programación dos XXIV Premios Mestre Mateo son de acceso gratuíto ata completar aforo. Para asegurar praza, as persoas interesadas poden escribir un correo electrónico ao enderezo actividades@






