Este Nadal o barrio da Milagrosa contará cunha pista de xeo

Lugo contará este Nadal cun espazo de 200 metros cadrados para practicar a patinaxe sobre xeo. A pista que estará situada na praza da Milagrosa, abrirá este venres e terá un horario de funcionamento de 16:30 a 23:00 de luns a venres, e as fins de semana de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 23h, mentres que nos días de noiteboa e fin de ano, o peche será ás 18:00.

A idade mínima para utilizar a pista de xeo será de 3 anos, e as nenas e nenos entre 3 e 5 anos deberán estar acompañados por unha persoa adulta. A pista terá unha cabida máxima de 50 persoas. Disponse de botas desde o número 26 en adiante, e para números inferiores disponse dun suplemento de dobre coitela ó zapato do usuario que otorga un mellor equilibrio.

A inciativa está impulsada pola Asociación de empresarios e comerciantes Barrio da Milagrosa.

Fotografía: Imaxe arquivo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com