Esta tarde os cines Codex estrean os filmes: La Voz de Hind e Blue Moon.
“La voz de Hind”, baseada en feitos reais, acadou numerosos premios en festivais internacional de cine, entre outros, o Gran Premio do Xurado no Festival de Venecia 2025 ou o Premio do Público no Festival de San Sebastián 2025.
Sinopse: o 29 de xaneiro de 2024, os voluntarios da Media Lúa Vermella reciben unha angustiosa chamada de emerxencia: Hind Rajab, unha nena de seis anos quedou atrapada nun coche que está ardendo cos seus tíos e tres curmáns mortos por disparos das Forzas de Defensa de Israel. A través da liña de emerxencia, os equipos de rescate intentan mantela tranquila ao tempo que coordinan freneticamente o envío dunha ambulancia.
A outra estrea da semana é o filme baseado en feitos reais “Blue Moon” dirixida por Richard Linklater móstranse as tensións creativas, a fraxilidade emocional e a loita interna dun xenio que deixou unha pegada imborrable na historia do teatro musical. (Filme baseado en feitos reais).
Sinopse: na noite do 31 de marzo de 1943, no bar Sardi’s de Nova York, o brillante pero atormentado letrista, Lorenz Hart, afronta a súa soidade e deteriorada autoestima mentres o seu antigo colaborador Richard Rodger, celebra a estrea de “Oklahoma”, o exitoso musical. Antes de que remate a noite, Hart terá que enfrontarse a un mundo que xa non valora o seu talento e tamén á aparente imposibilidade de amor.
Nese escuro escenario, móstranse as tensións creativas, a fraxilidade emocional e a loita interna dun xenio que deixou unha pegada imborrable na historia do teatro musical. (Filme baseado en feitos reais).




