O accidente ocorreu arredor das 14:20 horas. O particular que alertou ao 112 Galicia indicou que se producira unha colisión no quilómetro 3 da LU-704. Xa indicaba que os implicados non daban saído do turismo.
Con isto, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, ao GES da Pontenova e á Garda Civil de Tráfico.
Unha vez no punto, os membros do GES usaron o material de excarceración para liberar a unha persoa. Finalmente houbo dous feridos, os cales foron trasladados.






