Falece un home na Praia da Rapadoira en Foz

Un home faleceu na tarde de onte na Praia da Rapadoira, en Foz, tras ser rescatado do mar inconsciente.

O 112 Galicia recibía a alerta ás 21:20 horas, cando varios particulares chamaban para informar de que unha persoa estaba flotando e inconsciente na auga, e que varias persoas se estaban adentrando no mar para tratar de rescatalo.

De inmediato, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, á Garda Civil, á Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez rescatado e trasladado á area, o persoal sanitario iniciou de inmediato as manobras de reanimación, aínda que, lamentablemente, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com