O accidente produciuse pasadas as oito desta mañá na N-VI, no punto quilométrico 503, en Lugo. A chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia permitiu activar un operativo de emergencias, indicou que foi a moto o único vehículo implicado no sinistro e que, tras a caída, o condutor quedou tendido sobre a vía.
Para facilitar a asistencia médica, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Sen embargo, nada puido facerse por salvarlle a vida ao motorista, xa que, apenas uns minutos máis tarde confirmouse o seu falecemento.