Ás 11:30 horas, os xestores de emerxencias recibían a chamada dun particular sobre un accidente laboral ocorrido no Lugar A Ermida, en Espasande de Baixo, nunha zona de difícil acceso. Foi un compañeiro do falecido quen contactou co 112 Galicia para informar do accidente e segundo contou o seu compañeiro fora alcanzado pola procesadora forestal e, aínda que non estaba atrapado, sinalou que podería estar falecido.
De inmediato, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de A Pontenova, á Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Á súa chegada, os profesionais só puideron confirmar o falecemento do traballador.