Ferida unha persoa nun accidente en O Vicedo

Unha persoa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Viveiro tras quedar atrapada nun vehículo accidentado na estrada LU-862, ao seu paso pola parroquia de Suegos, no concello do Vicedo. Unha vez liberada, foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. Ademais, outra persoa tamén resultou ferida e precisou asistencia sanitaria.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 17:15 horas, mediante o aviso dos efectivos de Protección Civil, que informaban dun sinistro entre os puntos quilométricos 79 e 80 da LU-862. Minutos máis tarde, confirmouse que unha das persoas implicadas podería estar atrapada no interior do vehículo.

De inmediato, activouse un operativo no que participaron os servizos de urxencias sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Viveiro, encargados da excarceración, e axentes da Garda Civil de Tráfico, que prestaron apoio no lugar do suceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com