Ferido un home en Samos ao caerlle enriba unha rozadoira

Os feitos ocorreron ás 18:30 horas desta tarde en Montán, Samos. Uns veciños chamaron ao 112 Galicia para solicitar asistencia urxente para un home tirado nunha leira. Segundo explicaron, quedara atrapado baixo unha máquina enganchada ao tractor. Tratábase dunha rozadoira, da que foi liberado decontado, grazas ás persoas que acudiron a socorrelo.

Tamén foron avisados os Bombeiros de Sarria e, por suposto, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron varias dotacións, entre elas, a que se despraza a bordo do helicóptero con base en Ourense. Sen embargo, ao atoparse o ferido xa liberado e despois de recibir os primeiros coidados, o traslado ao hospital puido realizarse en ambulancia.

Neste operativo colaboraron tamén os axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com