Incendio nunha explotación gandeira en Friol

Contra as 10:45 horas, un particular alertou ao 112 Galicia de que ardían as instalacións dunha explotación gandeira preto da estrada xeral en Lea, Friol.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de maneira preventiva, os Bombeiros de Vilalba, o GES de Friol-Palas, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Friol.

Os servizos de emerxencias comprobaron á súa chegada que ardía herba seca no interior dunha nave. Os propios particulares sacaron os animais que había no interior, pero un tractor ardeu por completo. Nestes momentos continúan traballando no punto, retirando con maquinaria os rolos de palla que se atopaban na nave e apagándoos unha vez no exterior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com