Intervida unha bicicleta abandonada cun cartel que a ofrecía como “uso público”

A Policía Local de Lugo interveu na madrugada do 7 de outubro unha bicicleta que circulaba pola cidade en circunstancias, cando menos, inusual. Os axentes que prestaban servizo de vixilancia e patrullamento observaron na rúa Quiroga a un ciclista que circulaba  en sentido contrario.

O condutor, que foi identificado e denunciado por unha infracción á normativa de tráfico, chamou a atención dos axentes non só pola súa conduta na vía, senón polo rechamante cartel manuscrito que levaba pegado á bicicleta: “Bicicleta de uso público. Instrucións: usala, coidala, depositala en novo destino. (e un código QR) ”

Preguntado polos axentes, o ciclista manifestou que non era o propietario do ciclo, que o tomara momentos antes dun portal próximo a un locutorio, e que a súa intención era “dar unha volta e deixala despois onde a atopou”.

A bicicleta, da marca ROCKRIDER e en aparente bo estado, foi intervida e trasladada ás dependencias policiais, para que pase ao dispor do seu lexítimo propietario. Así mesmo, infórmaselle da comisión dun presunto delito leve contra o patrimonio, ao facer uso dun ben alleo sen contar con consentimento algún.

A Policía Local de Lugo lembra á cidadanía que ningunha bicicleta é de “uso público” se non pertence a un sistema autorizado de aluguer ou préstamo municipal, e que apropiarse dunha bicicleta atopada na vía ou en zonas comúns pode ter consecuencias legais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com