Ir indo

O “ti, vai facendo” funcionou un tempo longo que rematou coa implantación de plans urbanísticos, e as conseguintes adaptacións para reconducir o incorrecto. Se daquela se trataba de “ir facendo”, agora o que funciona é o de “ir indo” nesta peonalización que vivimos, e zonas presuntamente peonalizadas son as máis transitadas polos vehiculos. Velaí a rúa do Teatro, sen beirarúas porque todos diriamos que é peonil, mentras soporta ringleiras de automóbiles cara e desde os aparcadoiros soterrados mentras os peóns circulan como poden. A situación segue igual por Santo Domingo, onde non hai pasos de peóns, disputándose civilizadamente o paso vehículos e cidadáns de a pé.

A existencia de praza de abastos e mercado orixina nas horas punta concentraciòn de vehículos, o mesmo que diante da Subdelegación do Goberno onde nas horas de reparto se xuntan máis dunha ducia de furgóns.

Ao final resulta que o tráfico “vai indo”, sen grandes complicacións, na necesidade de ter que convivir camiñantes e conductores, especialmente tendo en conta que os papeis cámbianse dun día para outro.

Quizais a solución está en ir alternando preferencias, cedendo paso, sabendo que a peonalización radical é imposible nesta cidade, e que entre todos imos autoorganizándonos sen maiores problemas.

Se os semáforos dan paso ás rotondas, as luces amarelas parecen máis amables, e compartimos semáforos para deixar pasar vehìculos cando non hai peóns, vai resultar que nós sós amañámonos bastante ben, “imos indo”, e o que podía ser un caos quizais sexa un experimento do que estamos saíndo airosos,

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com