José Tomé descarta dimitir logo das acusacións por acoso sexual presentadas contra el

Ante a información que se deu a coñecer no programa ‘Código 10’, de Cuatro, sobre as denuncias por presunto acoso sexual por parte do secretario xeral do PSOE lucense, presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, de seis mulleres na canle interna do PSOE, o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, fará declaracións esta tarde ante os medios de comunicación ás 17:00h.

Esta mesma mañá, Tomé seguindo a súa axenda, onde presentou unha liña de autobuses rurais en Monforte de Lemos e a preguntas dos xornalista declarou que “todo é unha montaxe e que descarta dimitir”. O presidente da Deputación de Lugo asegura que “non ten noticia de  ningunha denuncia nin por vía interna nin xudicial e que todo o publicado é totalmente falso” e sinalou que “todo está en mans dos seus avogados”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com