Le Parody estará na sala Tebras en Novembro

O proxecto de Soledad Sánchez Parody, Le Parody, poderase ver e escoitar na sala Tebras o vindeiro mes de novembro. A música da cantante, produtora e compositora española, recoñecese pola fusión de raíces tradicionais cunha ampla gama de influencias musicais e culturais, integradas coa electrónica experimental, mesturando elementos do folclore español, ritmos latinos, e sons do Medio Oriente, con texturas electrónicas e produción contemporánea.

Seguindo coa xeira do seu último disco, Los Remedios, Le Parody actuará o Venres 28 de Novembro as 20:30 na Sala Tebras na Praza Viana do Castelo, 4, Lugo. Apertura de portas as 20:00, entrada anticipada 15€, na billeteira18€.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com