Lugo acolle este mércores unha nova cita do Correlingua 2025

As rúas de Lugo acollerán mañá, 28 de maio, unha nova cita do Correlingua 2025.

A actividade comezará ás 11:00h coa saída da marcha desde a praza de Santa María, conducida polo actor e presentador Fran Rei, que acompañará o alumnado participante ao longo do percorrido até a praza da Mosqueira, onde terá lugar o acto central.

Unha vez alí, ás 12:00h, Fran Rei dará comezo ao espectáculo coa súa presentación. Ás 12:05h, tomaralle o relevo a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, que dará a benvida aos centros asistentes.

A continuación, ás 12:15h, o alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes será o encargado de dar lectura ao manifesto do Correlingua 2025, elaborado nos obradoiros Desata a Lingua. Tras esta intervención, Fran Rei presentará a actuación musical da mañá.

Ás 12:25h, a Mekánika Rolling Band, gañadora do certame Cantalingua 2025, ofrecerá un concerto. O acto rematará arredor das 13:00h coa despedida a cargo de Fran Rei.

O Correlingua 2025 está organizado por CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a AS-PG, e conta co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

CENTROS PARTICIPANTES

LUGO
IES Nª Sª dos Ollos Grandes – IES Ánxel Fole – IES Sanxillao – IES Muralla Romana – CEE Sta María –CEIP Rosalía de Castro- IES Lucus Augusti

SARRIA
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

BARALLA
CPI Luís Díaz Moreno

GUITIRIZ
Ies Poeta Díaz Castro

CERVANTES
CPI de Cervantes

FRIOL
CPI Dr López Suárez

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
IES Castro da Uz

VILALBA
IES Basanta Silva

SAN MAMEDE DE LOUSADA-GUNTÍN
CEIP PLURILINGUE DE LOUSADA

Fotografía: arquivo actividades Correlingua

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com