Máis de 1.500 moz@s de Lugo solicitan e “Bono Cultural Joven 2025”

Na súa cuarta edición, o “Bono Cultural Joven”, iniciativa impulsada polo Ministerio de Cultura, foi solicitado  en Lugo por 1.510 persoas. No total de  Galicia foron 16.491as mozas e mozos que cumprimentaron a solicitude.

Por provincias, o Bono Cultural Mozo foi solicitado por 6.950 mozos e mozas na Coruña, 1.551 en Ourense e 6.480 en Pontevedra. Tras ser rexistradas e asinadas, cada unha destas solicitudes é revisada e sometida ao proceso de control individualizado de subvencións da Administración Xeral do Estado, polo que a cifra final de beneficiarios podería sufrir algunha variación.

A empresa pública Correos, entidade encargada do soporte bancario do “Bono Cultural Joven”, xa iniciou o envío das tarxetas virtuais e físicas ás/aos beneficiarios.

O “Bono Cultural Joven 2025”

O Bono Cultural Mozo funciona cunha tarxeta de prepago que o beneficiario pode ter de forma virtual no seu móbil ou recibir de forma física no seu domicilio. Con esa tarxeta, unha vez activada, os mozos dispoñen dun ano e máis de 3.800 establecementos adheridos por toda España para poder utilizar os 400 euros asignados en experiencias e produtos culturais, coa seguinte distribución:

• 100 euros para produtos físicos, por exemplo, libros, prensa ou discos.

. 100 euros para produtos dixitais, como subscricións a plataformas, prensa dixital, podcast ou videoxogos en liña.

. 200 euros para artes escénicas: teatro, ópera, cinema, danza, museos… O obxectivo do Ministerio de Cultura con esta iniciativa ten un dobre sentido: por unha banda, mostra o interese dun amplo espectro da poboación nova española pola cultura, que esta iniciativa axuda a fidelizar como público e consumidor cultural de fronte ao futuro; e, doutra banda, ofrece un respaldo adicional ao sector cultural.

 Novidades para 2026

O Ministerio de Cultura está a estudar unha ampliación nos usos do “Bono Cultural Joven” para que inclúan a creación e formación cultural e artística, para a próxima edición en 2026. Esta ampliación permitiría utilizar o importe do Bono na adquisición de instrumentos musicais e material para a creación artística, así como para o pago de talleres e cursos de carácter cultural e artístico, tanto presenciais como en liña.

Ademais, desde o Ministerio de Cultura está a traballarse activamente para que o “Bono Cultural Joven” sexa máis accesible e chegue aos sectores de poboación máis vulnerables. Para iso, está a establecer colaboracións con entidades do terceiro sector, para que poidan difundilo e axudar aos mozos destes sectores de poboación a realizar o trámite de solicitude do “Bono Cultural Joven”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com