Máis de mil toneladas de residuos nas dez xornadas do San Froilán

O dispositivo especial de limpeza e recollida de residuos para as festas de San Froilán recolleu durante as dez xornadas do San Froilán máis de mil toneladas de lixo, uns números que practicamente se sitúan na mesma liña que o ano pasado, cando cunha xornada máis no cómputo global das patronais, se chegaron a recoller 115.000 quilos máis.

O total de residuos recollidos durante os dez días de festexos ascendeu a 1.043 toneladas, fronte ás 1.115 do ano pasado cando as festas se prolongaron durante unha xornada máis. Mentres, durante as fins de semana, do sábado 4 ao luns 6, este dispositivo especial recolleu un total de 300.300 quilos, fronte aos 328.800 da anterior edición das patronais. Na segunda fin de semana das festas deste ano, as cifras de lixo xerado ascenden a 312.040 quilos, fronte aos 323.960 da anterior edición.

Os servizos de limpeza viaria reforzaronse nas xornadas de máis afluencia, coincidindo coas dúas fins de semana, con ata 17 vehículos e máis de 40 persoas traballando en tarefas de limpeza, 12 delas nas vías principais, e en determinadas datas desde as 06.00 da mañá para que as rúas e prazas estiveran en bo estado ao comezar cada xornada.

Ademais, a recollida de residuos na zona centro reforzouse deixando de maneira permanente, desde o día 4 ao 13, os contedores de “quita e pon”, os cales tamén se incrementaron en número, ao igual que os contedores de vidro nas zonas con maior incremento de xeración deste tipo de residuos, como no recinto feiral e nas zonas de concertos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com