Mariña Gueimunde nova alcaldesa de Viveiro

Hoxe tivo lugar o Pleno de investidura da nova alcaldesa de Viveiro, a popular Mariña Gueimunde. Con esta investidura o PPdeG suma xa 29 rexedoras (6 na provincia de Lugo e 2 na Mariña lucense) e consolidase como o partido con máis mulleres á fronte dos concellos en Galicia.

Asitiron ao Pleno a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, e a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, para trasladarlle a Gueimunde a mellor das sortes nesta nova etapa.

As dúas dirixentes consideran significativo que, ás portas do Día Internacional da Muller, o partido vaia sumar unha alcaldesa máis e, de feito, Paula Prado anunciou que na reunión do Foro de Alcaldesas que se celebrará mañá en Boimorto a nova rexedora viveirense estará tamén presente.

A número dous do PPdeG considera que a moción de censura foi unha decisión tomada desde a responsabilidade e co obxectivo de darlle un impulso a Viveiro ante un goberno que estaba paralizado e non atendeu as necesidades dos veciños. “Ao final estase descubrindo o que xa se sabía: que os pactos de perdedores non son bos para a cidadanía”, asegurou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com