Morre unha muller e seis persoas resultan afectadas no incendio dunha vivenda en Palas de Rei

Unha persoa faleceu e outras seis tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios esta mañá tras declararse un incendio nunha vivenda situada na Graña, na parroquia de San Xiao do Camiño, en Palas de Rei.

Ao fío das 6:15 horas, un dos afectados contactou co 112 Galicia para informar de que a súa casa estaba ardendo e de que no interior permanecían varios membros da súa familia.

Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activou un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e a Garda Civil.

Á súa chegada, os axentes da Garda Civil advertiron de que unha das persoas non lograra saír da vivenda. Mentres tanto, os bombeiros traballaron con rapidez para atallar o lume, que se orixinou na parte baixa do inmoble e queimou o soportal de madeira e diversos adornos de Nadal.

Finalmente, o persoal sanitario confirmou o falecemento dunha persoa, localizada nunha das habitacións, mentres que outras seis foron trasladadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com