A vítima atopábase cunha amiga en Rinlo, Ribadeo. Segundo relatou, a compañeira meteuse na auga para práctica do mergullo e, dado un momento, saíu para pedir axuda, pero perdeuna de vista decontado. Foi nese instante cando chamou ao 112 e pediu axuda.
A partir de aí, activouse un operativo de busca, que incluíu os seguintes organismos e medios e recursos: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, socorristas de Ribadeo e Barreiros, Protección Civil de Ribadeo, Policía Local, Garda Civil e rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia a bordo do Pesca II.
Finalmente, localizaron a muller no interior dunha cova. Tras o rescate, trasladárona á base do Pesca II en Celeiro, pero xa sen vida. A noticia causou un grande impacto na amiga que a acompañaba, que tamén necesitou asistencia médica, e mesmo foi solicitada a axuda do grupo de psicologos especializados en catástrofes e emerxencias, GIPCE, para informar á familia.