O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este martes unha nova reunión da Comisión Executiva Provincial, celebrada na sede do partido na capital lucense, como parte da folla de ruta para fortalecer a organización interna e intensificar a acción política do socialismo na provincia.
Este encontro ten como obxectivo “consolidar unha estrutura sólida, participativa e en permanente conexión co territorio e coas súas demandas”. A
A reunión, que tivo lugar ás 20:00 horas na sede provincial, permitiu facer balance das iniciativas xa en marcha e avanzar na planificación das novas accións a desenvolver. Neste sentido, púxose de manifesto a importancia do papel que xogan as agrupacións locais e os distintos equipos de traballo, considerados verdadeiros motores do partido e pezas fundamentais da súa engrenaxe.
No transcurso da sesión, José Tomé Roca informou aos membros da Comisión Executiva Provincial dos asuntos abordados no Comité Federal do PSOE celebrado o sábado 5 de xullo.