O Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) aprobado polo goberno municipal de Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) establecerá as directrices da mobilidade en Lugo para os vindeiros anos. O documento inclúe diferentes medidas que poderán modificar aspectos como o tráfico, o aparcamento, o acceso aos barrios ou a organización de determinados espazos urbanos.
Entre as actuacións previstas destaca a ampliación da rede de carrís bici, que pasaría dos 12 quilómetros actuais a arredor de 47,4 quilómetros. O plan tamén contempla a eliminación duns 2.600 espazos de aparcamento en superficie e a creación de 15 novas zonas peonís en distintas rúas da cidade sen conexión entre elas.
Segundo o documento, estas peonalizacións realizaríanse en varios puntos da cidade e non estarían, a máis das veces conectadas entre si nin con outros itinerarios peonís ou de transporte público. Esta configuración podería introducir cambios nos desprazamentos habituais e no acceso a determinados barrios ou establecementos comerciais.
As modificacións contempladas no PMUS xa están a xerar diferentes reaccións entre a veciñanza. O novo modelo de mobilidade implicaría cambios na circulación e nas opcións de estacionamento en varias zonas da cidade, polo que o seu impacto podería ser visible en distintos barrios.
O documento completo do plan está dispoñible para consulta pública, o que permite coñecer con detalle as actuacións previstas e a planificación das distintas medidas.
👉 Descargar o Plan de Mobilidade de Lugo
Información e participación
Desde o Partido Popular iniciouse unha campaña informativa dirixida á cidadanía para dar a coñecer o contido do plan e as súas posibles consecuencias. Segundo indican desde esta formación política, o documento non foi sometido a debate no pleno municipal nin contaría, ao seu xuízo, coas garantías xurídicas necesarias.
A exposición pública do plan produciuse despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitise a trámite un recurso contencioso-administrativo presentado polo Partido Popular e isto obrigou ao goberno Municipal a poñer a dalo a coñecer á cidadanía.
Reunións abertas e encontros con colectivos
No marco desta campaña informativa, o Partido Popular está a organizar reunións abertas coa veciñanza e encontros con distintos colectivos que poderían verse afectados polas medidas previstas no PMUS. Entre eles atópanse asociacións de persoas con discapacidade, representantes do sector da distribución ou profesionais vinculados aos servizos de emerxencia.
Segundo explican os organizadores destas reunións, o obxectivo é recoller opinións e analizar como os cambios contemplados no plan poden influír no funcionamento da cidade e na mobilidade diaria.
Dentro desta iniciativa os populareas teñen previsto continuar coa organización de encontros informativos en distintos puntos da cidade para explicar o contido do plan. Así o mércores 11 ás 20.30 haberá una xuntanza para A Residencia na sede do PP ; en Fontiñas o día !2 xoves no centro Maruja Mallo e en san Roque o luns 16 ás 20.30 na Pizzería Bocalino.