Novas

O PP solicita que se renove o pavimento de caucho de varios parques infantís

O Partido Popular presentará no vindeiro pleno un rogo no que solicitará “a renovación do pavimento de caucho dos parques infantís da cidade xa que en moitos deles o pavimento, que tería que ser continuo, presenta fendas de varios centímetros de profundidade que poñen en risco a seguridade da rapazada”.

Os populares indican que os veciños manifestáronlles que “zonas de xogo como a do Parque Marcos Cela, ou Aquilino Iglesias Alvariño están en moi mal estado”.
Tamén na Praza de Alicante están molestos porque como consecuencia das obras deste espazo retiraron a zona de xogos prometéndolles un novo parque. Pasaron meses dende que se re pavimentou a praza e seguen sen novas do parque infantil que comprometeron.
Outro punto no que solicitan a reparación do peche do recinto de xogos é no parque que está nas inmediacións da Escola Ramón Falcón.
Asemade hai varias demandas de usuarios relativas a arranxar a zona de Campo Castelo, pero neste caso xa está licitado o proxecto de mellora co que as obras deberían estar a punto de comezar.

O PP sinala que todas estas peticións chegaron ao Grupo Popular a través do servizo de 618 626 902 e tal e como nos comprometemos daremos traslado ao goberno local das demandas veciñais co ánimo de que se resolvan da forma máis áxil posible.

A Asociación Si, hai saída denuncia a utilización como ferramenta política que, unha vez mais, se está a facer da violencia de xénero

Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, denunciamos e condenamos, unha vez mais, con toda rotundidade, a utilización que, na campaña política de cara as eleccións do vindeiro 23 de Xullo, se está a facer da violencia de xénero, e, poren, das vítimas e das súas fillas e fillos.

A pasada semana, un dos partidos que concorren a estas eleccións, nun mais que evidente intento de lavar a súa danada imaxe por mor de certos vínculos para tentar acadar o poder, reclamaba o reforzo das Ufam (Unidades de Familia e Axuda a Muller), mentres que, desde outras formacións políticas contrarias rexeitaban tal demanda, e respondían, presuntamente baseándose nun modelo de feminismo que semella acuñado por eles, pero que é, na nosa opinión, algo mais que cuestionable, que as mulleres non precisan protección, reclamando outra serie de recursos, coma case sempre económicos na súa maioría, malia que está mais que demostrado que, por si sos, de pouco ou nada serven.

Por isto, desde Si, hai saída, colectivo que, como de todos é sabido, non temos ningún tipo de vinculación política, sendo a nosa única prioridade a axuda as vítimas da violencia machista, desexamos puntualizar o seguinte:

É evidente que o reforzo das Ufam é unha necesidade prioritaria, especialmente en datas coma as actuais, nas que, por mor das vacacións, a violencia de xénero e o risco que corren as súas vítimas, tanto as que xa o son como as potenciais, aumenta notablemente, malia o cal as Ufam quedan practicamente baleiras durante todo o período vacacional, deixándoas case totalmente indefensas, a elas e aos seus fillos, cando mais protección precisan, algo que desde Si, hai saída vimos denunciando desde hai 10 anos, e do que sempre se fixo caso omiso, malia as tráxicas consecuencias que esta desprotección evidenciou en varias ocasións, chegando a cobrarse vidas de mulleres e de menores.

Non obstante, malia ser esta demanda algo mais que necesaria, é absolutamente deleznable que se faga xustamente agora, en plena campaña electoral, e cunha evidente finalidade, que é a de acadar votos, ademais da de, como xa dixemos, tentar un lavado de imaxe, buscando o seu beneficio, e utilizando sen escrúpulos as vítimas, totalmente esquecidas ata agora, como o volverán a estar a partir do 24 de Xullo, ao igual que sempre aconteceu en canto remata unha campaña electoral.

– Non menos deleznable é o feito de que, ante unha necesidade tan obvia, que pon tantas vidas en xogo, non soamente se cuestione, se non que directamente se rexeite, polo sinxelo feito de contradicir e desacreditar a un partido político rival, relegando, en prol da consecución de votos, as necesidades das vítimas da violencia machista, que, por se non tiveran abondo coa súa tremenda situación, viven cada período vacacional cunha espada de Damocles engadida pendurada por riba das súas cabezas.

Hai algo, ademais, que queda claro, que é, ademais da lamentable falta de escrúpulos que se amosa utilizando esta letal lacra e as súas vítimas:

O absoluto descoñecemento das necesidades e da situación real das mulleres e dos menores que están a padecer o inferno da violencia de xénero, e, o peor de todo, o nulo interese por corrixir esta gravísima eiva, falemos da cor política que falemos, atendendo soamente cada unha aos seos propios.

Para rematar, desde Si, hai saída queremos lembrar a necesidade de, non soamente reforzar as Ufam, deixando, eso si, moi claro que con isto non apoiamos a ningún partido político, se non que reflectimos unha demanda real que vimos facendo ano tras ano, como demostran os nosos reiterados comunicados, se non tamén da revisión do perfil dos axentes destinados a tales tarefas, porque se algo está, de igual xeito, tráxicamente demostrado, malia que non se lle tente sequera poñer remedio, é que basearse única e exclusivamente en méritos policiais, fai que, en non poucas ocasións, sexa, se se nos permite a expresión, poñer ao raposo a coidar das ovellas.

Asociación Si, hai saída

O ciclo Cultura no Río achega este martes o espectáculo “No Conto da Raposa”

O paseo fluvial do Miño acollerá este martes, ás 19:30 horas, un novo espectáculo de Cultura no Río baixo o título No Conto da Raposa, de Nuno Santos e Samantha Jesus, dentro da programación da Capital da Cultura vencellada ao río.

A actividade, apta para todas as idades e que terá lugar ao aire libre, consiste nunha antoloxía de contos da tradición oral ibérica, con lobos e raposos, na que se mesturan técnicas de narración oral e monicreques de luva, nun espectáculo moi rítmico e visual.

“No Conto da Raposa” é unha antoloxía de relatos lusos protagonizada polo personaxe de Raposa, o máis astuto dos animais. O espectáculo alterna o contacontos e o teatro de monicreques, ao estilo tradicional, e celebra os antigos coñecementos da cultura popular en divertidas historias rítmicas e actuais.

Esta mostra conta con varias referencias, entre elas: “Romance da Raposa”, de Aquilino Ribeiro, as fábulas de Esopo e o famoso conxunto de relatos medievais “Romance de Renart”, que seguramente inspirou as versións contadas e recontadas durante xeracións.

Toda a información, así como do resto da programación pode consultarse a través da páxina web www.lugocapitaldacultura.com, onde se atopan actualizados os horarios, ubicacións e datas das diferentes iniciativas que terán lugar ao longo do ano na cidade amurallada.

Daniel Castro: “defenderemos no Congreso que Lugo conte cun tren digno”

Militantes do BNG concentráronse nas inmediacións da estación do camiño de ferro para reivindicar un tren digno para Lugo. Ao acto acudiu o candidato a deputado do BNG por Lugo, Daniel Castro, quen afirmou que “seguiremos traballando no Congreso e nas distintas institucións para que Lugo conte cun tren digno, o que pasa por cuestións como a actualización da liña Lugo – A Coruña ou a creación dunha conexión directa entre Lugo e Compostela”.

Daniel Castro sinalou que “Galiza sofre unha evidente e histórica discriminación en canto a investimentos, tanto por parte dos gobernos do PP como do PSOE”, e engadiu “isto tradúcese nun déficit en infraestruturas, equipamentos e servizos, particularmente no transporte ferroviario”.

O número un do BNG por Lugo afirmou que “a chegada do AVE a Galiza, con case 30 anos de atraso sobre a data anunciada nun primeiro momento polo goberno do Estado, só supuxo que agora sexa máis rápido ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela”.

Castro comprometeu a creación do GALTREN, un ente ferroviario público ideado dende o propio partido e que apostará e impulsará o transporte de proximidade en Galiza. “Precisamos comunicarnos, vertebrar o País e cohesionar o territorio galego”, dixo Daniel Castro, que valorou o tren como un elemento chave para unha mobilidade sustentable”.

 

Francisco Conde “o apoio ao rural é unha das prioridades de Feijóo”

O cabeza de lista ao Congreso pola provincia subliñou que “Galicia aposta pola innovación, a calidade e a tecnoloxía e, sobre todo, por unha vocación de permanencia para que o rural sexa un elemento de vertebración dende o punto de vista da xeración de emprego e de abrir oportunidades no rural”.

Conde, e a número 2 ao Senado, María José Gómez, participaron acompañados pola presidenta do PP lucense, Elena Candia, nun encontro sectorial con gandeiros na Pastoriza onde subliñaron que “o apoio ao rural é unha dos principais obxectivos da candidatura de Alberto Núñez Feijóo” que quere “levar a axenda do rural ás prioridades do Goberno”.

O popular subliñou que “o sector lácteo xera moito dinamismo dentro da economía en Galicia e moito emprego. Con resultados que están sendo moi positivos en termos de facturación” -con máis de 1.300 millóns de euros no 2022-, tamén en relación ao “incremento da rendibilidade das explotacións” e na progresiva transformación do leite ata alcanzar “un 63% aquí en Galicia, que é moi importante para xerar valor no territorio”.

A Xunta de Galicia está desenvolvendo “medidas importantes como favorecer o relevo xeracional e a incorporación de mozos e mozas ás explotacións”. E avanza que estas “son medidas que Feijóo quere levar ao resto de España para impulsar o sector e que o rural estea na axenda do Goberno”.

Conde tamén destacou que, entre as medidas do programa electoral do Partido Popular vinculadas ao desenvolvemento do rural, está a proposta para “achegar os servizos públicos en igualdade de condicións ao rural ou impulsar medidas para favorecer o financiamento e a fiscalidade no rural”.

Dende o punto de vista social, o candidato citou o impulso dunha “maior conciliación, unha aposta clara pola incorporación e profesionalización da muller no rural e por dar oportunidades para que poida asumir cargos directivos, a incorporación de mozos e mozas e a formación”.

 

.

Besteiro:“os socialistas sempre estaremos coa economía social”

José Ramón Gómez Besteiro e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantiveron en Chantada unha reunión con todas as familias que forman o Foro pola Economía Social Galega, no transcurso  da xuntanza, manifestaron o seu firme apoio a esta “forma de facer empresa”, que en Galicia supón o 7% do PIB grazasás máis de 4.800 entidades, 11% delas na provincia de Lugo, que presentanun volume de emprego estimado de 25.000 persoas.

Besteio lembrou que “foi ungoberno socialista, o de José Luis Rodríguez Zapatero, o que defendeu e aprobou a primeira Lei de Economía Social do mundo e foi  outro presidente socialista, Pedro Sánchez, o que deu luz verde ao Perte específico para a Economía Social, -dotado conmais de 1.700 millóns de euros-, ademais de impulsar a Estratexia Española de Economía Social 2023-2027 e o Anteproxecto da Lei integral de Economía Social”.

Para nós, continuou, “é natural apoiar a economía social porque representa todos os valores que defendemos: emprego inclusivo e de calidade, promoción do rural e, sobre todo, un modelo económico que pon ás persoas por encima do lucro e así está reflictido no noso programa”. Valores, sinalou o número 1 ao Congreso polo PSdeG-PSOE por Lugo, “que teñen todo que ver co que defendemos os socialistas e nada que ver co que propugnan Feijóo e Abascal que non lleadican ni unha liña nos seus programas”.

Por contra, Besteiro lembrou que “a Deputación de Lugo converteuse na primeira administración pública de Galicia e a primeira deputación de España en implantar un modelo de contratación socialmente responsable, foi en 2014, cando era presidente da institución, e creo que iso di algo do meu respaldo a todo o que representa este sector”.

Tras unha visita á empresa Mariñeiras Daveiga, “un exemplo do que a economía social pode facer no rural, fixando poboación e apostando polo territorio”, o número 1 ao Congreso polos socialistas de Lugo  e o delegado do Goberno aplaudiron o traballo do Foro e das sociedades que o conformanen favor da inclusión, da Galicia despoboada e do emprego feminino, entre outros valores. Tras o encontro, o candidato e o delegado de Gobernoforonobsequiados cun libro editado por ForoEsGalque recolle a historia da economía social enGalicia porque, como sinalou Celso Gándara, presidente do Foro, “para avanzar é necesariocoñecer as orixes”.

A Xunta ofrece servizos no rural para que os maiores vivan nos seus fogares

A Xunta de Galicia aposta por ofrecer servizos de proximidade no rural que permitan ás persoas maiores decidir onde e como vivir esta etapa das súas vidas. Así o trasladaron o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, durante unha visita aos usuarios das dúas casas do maior de Riotorto.

Arias destacou que estes centros reflicten “un novo modelo de atención baseado en facilitar a continuidade dos maiores no seu fogar e na súa contorna”, obxectivo ao que no último ano se sumou o programa Coidados porta a porta, e que tamén implica o reforzo de recursos como Xantar na casa, o SAF ou a teleasistencia domiciliaria.

Lugo conta actualmente con 23 casas do maior distribuídas en 13 concellos rurais, que ofrecen prazas públicas gratuítas para un total de 115 persoas. Pola súa banda, as unidades móbiles do Coidados porta a porta atenderon na provincia máis de 19.000 consultas de podoloxía, audioloxía e estimulación cognitiva. Hoxe mesmo están en Meira e Ribeira de Piquín, iniciaron a semana en Castro de Rei e rematarán en Pol; ata o mércores 19 permanecerán neste municipio e en Castroverde.

Tamén se etaá tramitando a adxudicación da subministración e instalación de dispositivos para a prestación dun completo servizo que incluirá sensores nos fogares que alerten do fume ou de posibles fugas de gas; un dispositivo móbil ou reloxo dixital que permitirá ás familias ter un control a tempo real da xeolocalización do usuario; e con controis específicos para aquelas persoas con deterioro cognitivo que se poidan desorientar ou se afasten da zona delimitada como segura.

O programa Xantar na casa “continúa ampliando o seu ámbito de actuación, chegando xa a preto de 200 municipios e a máis de 1900 usuarios de toda a Comunidade Autónoma; unha das últimas incorporacións foi a do concello do Saviñao. Ademais permite levar menús saudables e equilibrados todos os días da semana; a Xunta encárgase de financiar o 50% do custe da comida, os usuarios só pagan 1,76 euros por cada menú e outro tanto é asumido polo Concello”.

Arias tamén subliñou que “todo elo sen esquecer que o Goberno galego destina 112 millóns de euros ao Servizo de Axuda no Fogar para persoas en situación de dependencia e financia con 15,9 millóns de euros os servizos sociais municipais a través do Plan Concertado”.

Barreiro e Crespo comprometen o apoio do PP á actividade cinexética

O cabeza de lista ao Senado por Lugo, José Manuel Barreiro, e o número 3 á Cámara Alta por Pontevedra, José Crespo, acompañados da coordinadora de Medio Ambiente do PPdeG, Marisol Díaz Mouteira, trasladaron esta mañá á Federación Galega de Caza o apoio do PP a esta actividade polos seus beneficios ambientais, de mellora do control de poboacións e da xestión do territorio.

Na xuntanza na que estivo presente o presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, os populares subliñaron que o seu programa electoral do 23-X recolle o apoio á actividade cinexética sostible, coa participación e representación do sector, con medidas para un desenvolvemento equilibrado, e maior formación en aspectos como a seguridade ou o hábitat.

Ademais, o PP propón, entre outras cousas, permitir o control do lobo para garantir a súa coexistencia coa gandería, tendo en conta que durante o Goberno de Sánchez esta especie foi incluída, tamén en Galicia e sen ningún aval científico, na lista de máxima protección.

Para o Partido Popular, atender as necesidades da Galicia rural, representada na reunión por Barreiro e Crespo, será unha das prioridades do Goberno se Feijóo obtén o apoio da maioría dos españois nas eleccións do 23-X.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten establecida unha liña de colaboración coa Federación Galega de Caza en materia de divulgación e fomento da actividade cinexética a través de convenios anuais, cunha achega de 200.000 euros no período 2016-2023, tendo en conta que a perda de cazadores é unha tendencia que se mantén

Besteiro- Velutinas

Besteiro denuncia que Lugo perdeu o 40% da súa produción de mel por culpa da praga da velutina

O candidato do PSdG ao Congeso por Lugo denunciou “A descoordinación da Xunta pon en perigo a apicultura e a agricultura galega, e fomenta o desequilibrio do ecosistema natural pola posible desaparición da abella común”.

 Gómez Besteiro alertou dos “perigos desta praga, un exemplo de como o PP abandonou o rural”. Para o socialistas, a praga non só afecta aos apicultores senón a toda a sociedade polo risco que supón a presenza cada vez máis importante de velutinas. “Mentres, a Xunta decide se modifica ou non o seu protocolo de actuación ante un problema que segue sen ser tratado como o que é: unha praga”.

“En Lugo perdeuse o 40% da producción de mel por culpa da velutina e pola inacción do goberno do PP, e a situación non mellora porque este ano xa se retiraron máis de 2.000 niños en Galicia”. Para Gómez Besteiro esta é unha proba máis do pouco que lle importa o rural ao PP, a sostenibilidade e o medioambiente:“Os socialistas denunciamos esta situación porque o PP e Vox negan o cambio climático. O PP desde a etapa de Rajoy xa o negaba. 0 70% da agricultura depende da abella, pola polinización. Fronte o abandono do PP, os socialistas apoiamos máis investigación e avances científicos. Ecosistema sano, abella sana ”, explicou.

O cabeza de lista ao Congreso polo PSOE de Lugo, reuniuse este mediodía en Vilalba coa xunta directiva da Asociación de Apicultura Serra de Carba e achegouse ata as 200 colmeas cos socios. “Mentres Feijóo e Rueda deciden que departamento ten que estar á fronte, son os bombeiros municipais e os propios apicultores quenes en moitas ocasións póñense en risco para retirar os niños de velutinas. Unha vez máis, a Xunta, como fai cada vez que ten que xestionar un problema da súa competencia, mira para outro lado e espera que sexan outras administracións como os concellos quenes fagan o seu traballo. Lembren que é a súa competencia”, denunciou.

 

 

O BNG defenderá no Congreso un financiamento local adecuado á realidade galega

O candidato polo BNG ao Congreso Daniel Castro, expuxo as iniciativas que o BNG  defenderá no Congreso dos Deputados para a reforma do actual marco de financiamento local, que supón “un agravio para os municipios galegos”. Castro afirmou que o Estado pretende ter “un control dende o centro de toda a actividade económica para espoliar os nosos recursos económicos”, e explicou que esta situación “xera especiais dificultades socias e económicas como son o empobrecemento, a precariedade, a exclusión social, a crise demográfica ou mesmo a emigración”.

O candidato do BNG quixo clarificar que, fronte a esta situación, “é máis urxente que nunca que Galiza participe con voz propia e con máis forza no debate no Estado sobre os dereitos nacionais e, vinculados a elas, os sociais”. Para Daniel Castro, isto pasa por “superar un modelo autonómico insuficiente e inadecuado para solucionar os problemas económicos das galegas e dos galegos”.

“Os nosos concellos padecen unha insuficiencia financeira estrutural e grandes dificultades para atender os servizos públicos, o que impulsou  ao aforro e á redución do gasto público como criterios no funcionamento dos concellos para favorecer a iniciativa privada”, criticou Castro.

Fronte a iso, Daniel Castro deixou claro que o BNG “reclamará que Galiza teña competencia na distribución entre os concellos galegos para rematar coa actual discriminación, e se incorporen criterios propios para o reparto como o avellentamento, a dispersión poboacional e o reequilibrio territorial”.

Castro fixo estas declaracións nunha visita a Samos, concello que dende as últimas eleccións dirixe a alcaldesa nacionalista Chus López. Acompañaban ao candidato: o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, a deputada provincial Iria Castro e a concelleira do BNG en Sarria, Mónica López; onde mantiveron un encontro coa alcaldesa do BNG María Xesús López.

 


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com