Novas

Exposición de pintura sobre a romaría do San Vitorio en Casa Varela de Damil

O próximo domingo, 14 de maio, vaise celebrar a Romaría de San Vitorio na capela do Santo sita na parroquia begontesa de Damil, recuperando a tradición que levaba interrompida os últimos quince anos.

Con este motivo, no Restaurante Casa Varela de Damil, que rexenta Daniel Ferreiro López (“Dani”), ven de abrirse unha exposición de pintura sobre temas relacionados coa romaría do San Vitorio -o santo, a capela, a contorna…- como colaboración con esta celebración na parroquia, dun grande arraigo popular en toda a comarca.

Cinco dos cadros expostos son de Marina López López, a matriarca de Casa Varela, grande afeccionada á pintura, que xa veu colgando varias das súas obras no establecemento; un de Ramón Fernández Campos, pintor de Saavedra, e un de José López Soto, recentemente falecido, que foi alcalde do Concello de Muras.
A exposición pode ser visitada libremente no horario do Restaurante, de domingo a venres (ámbolos dous incluídos).

Na fotografía, Marina López e Daniel Ferreiro.

Cen anos da Escola Habaneira da Conchada

Este año 2023 cumpre un século a escola habaneira da Conchada, nos Vilares de Díaz Castro. Una asociación sociocultural Lareira de sonos leva varios años reclamando públicamente que se programen actos de homenaxe a aquellos vilaregos emigrados a Cuba que entiendan que a maior e mellor axuda para os seus paroquianos era dotalos de cultura. Por sorte, Segundo Pérez, ex-parroco dos Vilares recolleu nun libro “Escola Habanera dos Vilares (Guitiriz)” en 2008 toda una información relativa a esta obra, os seus protagonistas e mesmo os esforzos para chegar a construila.

De dúas prantas, a escola non é das máis grandes entre as numerosas escolas indianas da Terra Chá, pero sirve para que centos de rapaces accederan a un ensino básico fundamental. Ainda moitos vilaregos e vilaregas lembran con agarimo ao mestre Andrés Pérez Carballeira que ensinou a várias xeracións de nenas e menos.
Honrar a aquela xente é unha obriga de quen alí estudou pero tamén dos seus fillos e netos que provablemente disfrutan hoxe dun benestar que é unha débeda historica con aquela xente. Además de dos actos que se deben programar, adecentar a escola mellorando a súa accesibilidade, a habitabilidade ea contorna sería este ano a mellor homenaxe, e darlle un uso con contidos periódicos trasladando actividades sociais e culturalis á parroquia teria que ser unha obriga.
Hai ejemplos de dinamización ben perto, de escolas habaneiras que se converton en auténticos motores de actividade, encontro e union parroquial, en Santaballa en Lanzós, en Vilapedre etc. No mesmo Guitiriz, a escola de Lagostelle é hoxe um place cheo de vida.

Os Vilares tem a suficiente importancia para impulsar numerosas iniciativas coa escola da Conchada como motor e nun futuro, cos frescos da igrexa restaurados, coa casa do poeta Díaz Castro recuperada para a xente, a dinamización desta parroquia do rural chairego pode ser un model.
Precisamos da vontade política, do amor aos nosos ancestros e admiración á súa labor filantrópica e sumar entre todos para gozar dun ben que temos a sorte de conservar aínda en condiciones aceptabeis e que é un legado, unha herencia que hai que coidar e darlle o valor que merece.
O presidente xornalista Xulio Xiz, manifestou na igrexa dos Vilares nun acto dedicado a Díaz Castro en 2015, que os políticos serán lembrados máis polo seu traballo a prol da cultura que polo asfalto ou os puntos de luz. Si a escola habaneira da Conchada precisa dunha adaptación aos tempos e unha mellora integral, este é o momento: 2023.
Um século de vida que debe abrir a andaina cara a outro século ao servizo da xente e da cultura. Escola Habaneira da Conchada, historia y patrimonio, cultura popular.

CCOO denuncia na Inspección de Traballo vulneracións da normativa laboral no cemiterio municipal

Comisións Obreiras (CCOO) presentou unha denuncia na Inspección de Traballo por vulneracións da normativa laboral no cemiterio municipal de Lugo. No seu escrito, o sindicato afirma que “non se está a cumprir o disposto en materia de descansos do persoal, xa que a xornada supera «con moito» os límites establecidos de días de descanso entre xornada”. Tamén afirma que “non se cumpre o que dispón a lexislación para a axeitada protección da saúde dos traballadores e traballadoras deste servizo”.

No que atangue aos descansos, CCOO indica “que se chegou a traballar «máis de 12 ou 14 días consecutivos», incluíndo fins de semanas e festivos”. Neste punto, o propio convenio colectivo fixa que o persoal, nos casos en que «polas peculiaridades do seu cometido ou de quenda rotatoria non poidan gozar dos días inhábiles […] terán dereito a dous días de descanso ininterrompido dentro da mesma semana».

Xa no referente á protección da saúde, Comisións sinala “que o cadro de persoal debería estar composto por sete persoas, pero soamente hai seis porque está vacante unha praza. Isto tradúcese en máis carga de traballo para o resto do persoal. Asemade, pola natureza do seu traballo, sinala o sindicato, chegan a manipular lápidas de máis de 100 quilos, malia que as recomendacións na materia non aconsellan   mover cargas superiores aos 25 quilos por persoa”.

Segundo o sindicato, estes incumprimentos están a producir “baixas laborais constantes, co consecuente incremento da carga de traballo e dos riscos para os restantes traballadores e traballadoras”.

A sección sindical de CCOO no Concello de Lugo coida que unha solución sería “cumprir as ratios de persoal para realizar os enterros e exhumacións, isto é, que se garanta que haxa en todas as quendas o cadro de persoal completo de catro persoas co que debería contar o servizo”.

Quinta edición do Rally Mariña Lucense

Os vindeiros 12, 13 e 14 de maio terá lugar a quinta edición do Rally da Mariña Lucense nos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, Muras, Ourol e O Vicedo. A carreira, que é válida para o Campionato Galego de Rallies, consta dun percorrido de 360,97 quilómetros, dos cales 103,30 son cronometrados.

Para esta quinta edición hai 86 pilotos e 36 escudarías inscritas, entre os que destacan nomes como os de Victor Senra ou Alberto Rey, os dous primeiros clasificados do campionato autonómico.

Candia presenta o programa para ás vindeira eleccións municipais

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Elena Candia, deu a coñecer esta mañá o programa co que se presenta ás eleccións do vindeiro 28 de maio.
Candia puxo en valor que se trata dunha proposta “consensuada c”, á que lle agradeceu a súa “implicación, colaboración e xenerosidade para enriquecer o noso modelo de municipio”.
“Sen ese diálogo activo que iniciamos hai meses con veciños e veciñas, con colectivos sociais, con empresas e con todas as forzas vivas nunca teriamos chegado a ser os primeiros en difundir o noso programa electoral”, asegurou a popular.

A popular explicou que o documento está estruturado en 13 áreas que se corresponden cos tres piares da que será a súa acción de goberno se obtén a maioría suficiente: “un Lugo para as persoas (conciliación, benestar e valor sénior), un Concello máis seguro (tráfico e seguridade) e un municipio que asuma o seu rol de motor da provincia (cultura, rural, economía e emprego, infraestruturas, Concello cercano, urbanismo, Universidade e deporte)”.

De entre todas as medidas, Elena Candia subliñou novos compromisos no eido do Lugo para as persoas:
Para a mocidade avanzou que “se deseñará unha programación cultural e deportiva de calidade”, e tamén indicou que “se recuperará un espazo no centro para actividades para os xóvenes que se materializará cun acordo cos propietarios da OJE (Organización Juvenil Española) e tal e como anunciamos crearemos máis pistas multideporte en distintos barrios de Lugo”.
Outra proposta é “habilitar o programa Retorna Lugo unha estratexia dirixida a profesionais que marcharon fóra por cuestións laborais”, nese senso a candidata apuntou que “unha das medidas deste programa para reter o talento será a mellora xeneralizada da conectividade para conseguir que Lugo sexa un espazo de oportunidades e que poida consolidarse ao abeiro de novas tendencias coma o teletraballo”.

Para a mediana idade a popular “impulsará a creación do programa Alumiñar, unha estratexia de apoio para a atención e o coidado dos menores no seu propio domicilio, con especial atención ás familias monoparentais”.
Para os maiores “ve prioritario eliminar a lista de espera no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a súa ampliación con máis prestacións e perfís profesionais coma podoloxía ou psicoloxía”.

Ademais destes tres puntos, o programa contempla tamén a creación de dúas novas delegacións de Policía Local no centro e na zona norte da cidade para axilizar os tempos de resposta e mellorar a atención cidadá; a posta en marcha en determinadas zonas comerciais da cidade con problemas de estacionamento dun novo sistema para fomentar o aparcamento rotatorio, que será gratuíto nas dúas primeiras horas.

Carmen José López candidata do PP en Sarria

Cun equipo moi renovado liderado por Carmen José López, o PP de Sarria presenta unha candidatura ao concello na que se conxuga “a experiencia de concelleiros da actual corporación coa reincorporación, nos primeiros postos, de dous concelleiros que xa estiveran en lexislaturas anteriores e novas caras como é o caso da propia cabeza de lista, que se estrea en política despois de acumular experiencia na representación e xestión no ámbito do asociacionismo”. .

“Representamos un proxecto ilusionante para sacar a Sarria da parálise e o estancamento apostando por unha etapa afastada do clima de crispación que caracterizou a política sarriá durante as últimas lexislaturas, nas que o PSOE e Camiña Sarria se deberon máis aos egos  dos seus representantes que ao interese da vila e da súa cidadanía”, sinalou Carmen José López.

A candidata agradeceu o respaldo de todo o partido, destacando que  proxecto é moito máis amplo que os 22 integrantes da candidatura. “Hai moitísima xente traballando para que o 28M en Sarria se volva falar de construír, de medrar e do futuro próspero que merece a nosa vila”, finalizou a candidata popular.

Aposta polo medio rural

A candidata popular “aposta e apostará polo rural do mesmo xeito que o fai o Goberno Galego. “A Consellería aposta polo rural galego en xeral e polo de Sarria en particular. Por exemplo, desde o ano 2016 levamos investido preto de 350.000 euros en mellorar os camiños rurais deste municipio, unha cifra que só para este ano se aproxima aos 100.000 euros a través do Plan marco de mellora de camiños municipais”.

Candidatura ao completo

Na lista están representados distintos sectores e territorios de Sarria”. A lista ao completo é a seguinte:

  1. Carmen José López Rodríguez.
  2. Ricardo Arias Alvaredo.
  3. Diana García García.
  4. Marcos López Sánchez.
  5. Jesús Rodríguez Martínez.
  6. Mirian Losada Pereiro.
  7. José Manuel Fernández González.
  8. María Isabel López Valiña.
  9. María José Melle Rivas.
  10. Pablo Díaz Pradeda.
  11. Laura López López.
  12. Martín Páramo Fernández.
  13. Juana Angelina Rodríguez Rodríguez.
  14. Rafael López Fernández.
  15. Manuel Valiña López.
  16. Albina Vilariño Martínez.
  17. Fernando Carlos Rodríguez Pérez.

 

Suplentes:

 

  1. Mirela Ferizovic Korjenic.
  2. Esperanza López Rodríguez.
  3. Marcos López López.
  4. Raquel Fernández García.
  5. José Manuel Corbelle Castro.

 

 

 

 

O Polo Aeroespacial de Galicia no Xponential 2023 de Denver

O Polo Aeroespacial de Galicia estará presente do 9 ao 11 de maio en Xponential 2023, un dos eventos internacionais de referencia na industria dos vehículos e sistemas aéreos non tripulados que se celebra no Colorado Convention Center, en Denver, Estados Unidos. Contará con espazo propio no pavillón de España, xunto co Consorcio Aeronáutico Gallego, así como con empresas e centros de coñecemento do ecosistema como Sixtema, Centum Research & Technology, Marine Instruments, Lupeon, Sense Aeronautics (spinoff de Gradiant) ou o Instituto Tecnolóxico de Galicia.

A participación do Polo Aeroespacial de Galicia neste evento enmárcase na estratexia  de internacionalización da iniciativa, que ten por obxecto fomentar a participación das empresas galegas nas principais feiras do sector para explorar oportunidades de negocio en países con interese na compra de produtos, tecnoloxías e solucións desenvolvidas na Civil UAVs Initiative ou por outras empresas do eido aeronáutico e aeroespacial en Galicia; e fomentar así a internacionalización do sector, fundamentalmente das pemes, e a venda das tecnoloxías desenvolvidas.

Ademais de visitar stands de empresas e países de todo o mundo e de coñecer as últimas innovacións tecnolóxicas neste eido, a delegación galega foi convidada a realizar unha visita ás instalacións de Boeing, socio estratéxico da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia.

Xponential en cifras

A feira Xponential 2023 é un evento líder ao servizo da última tecnoloxía para o vehículo autónomo e os sistemas non tripulados aéreos, mariños e terrestres, e para todos os seus ámbitos de aplicación. Esta gran cita sectorial está organizada pola Asociación Internacional de Sistemas Non Tripulados (AUVSI) e conta coa participación de 60 países. Na súa última edición en 2022, que tivo un formato híbrido, contou coa presenza de 520 expositores de 60 países, 7.000 visitantes e 8.200 metros cadrados de exposición. O Polo Aeroespacial de Galicia xa estivo presente na edición 2019 de Xponential, en Chicago.

Quen veña detrás, que arrée!

As previsións do tempo son informacións do maior interese, porque o tempo que se vai disfrutar ou sufrir ten relevancia capital. Os lucenses temos a experiencia de que o tempo marca o resultado dos eventos, e se o bo tempo acompaña, as festas son perfectas. Esto, en canto aos pronósticos inmediatos. Ben diferente son os de máis lonxe por funestos que resulten, que se non nos afectarán a nós, afectarán de xeito grave aos nosos fillos e netos.

Hai xeral concordancia de que o planeta ven quentándose desde o inicio da era industrial, e que a subida dun grao provoca desertización, subida dos mares, secas prolongadas ou choivas torrenciais, e un sen fin de problemas que percibimos sen enfrontar o problema, e sen que os gobernos tomen decisións en serio.

As altas temperaturas de abril preocuparon momentaneamente, pero non se plantea en firme o problema da falta de choivas, embalses baleiros, peche de canles de regadío e perda de colleitas. Ninguén fala do problema que nos ameaza desde hai moito tempo, acelerando procesos, no que aos particulares só nos corresponde consumo axeitado, aforro, uso racional, e a cada goberno potenciar estes comportamentos e, tanto en solitario como en conxunto, afrontar plans de futuro para evitar a degradación do clima que os cientificos denuncian e nós sentimos xa en carne propia.

Os pronósticos condicionan accións e proxectos; márcannos a vida. Moito máis deberían preocuparnos os efectos a longo prazo, que costarán facendas e vidas, e sobre os que os gobernantes parecen pensar como o egoista axioma: “quen veña detras, que arrée!”

Presentada a candidatura de Independentes por Monterroso

O grupo político Independentes por Monterroso, presentou a súa candidatura para as eleccións municipais onte venres na vila da Ulloa. A candidatura está liderada pola actual alcaldesa da vila, Rocío Seijas, á que  acompañan  “trece persoas comprometida e preparadas para mellorar a calidade de vida da veciñanza”, afirmou Seijas na presentación. No acto falaron: Eva Pacín, número 4 da lista; María Elena Vázquez, número 5; Luis Mariño “Roque”, número 2: e por último, Rocío Seijas, candidata á Alcaldía. Nas súas intervencións presentaron algunhas das propostas do seu programa electoral e amosaron a súa disposición a traballar xuntos por Monterroso para seguir “facendo camiño e mellorar a calidade de vida da veciñanza”.

 

Os cines Codex estrean hoxe “Que alguén coide de min” da xornalista e escritora Elvira Lindo

Dirixida pola escritora e xornalista, Elvira Lindo, creadora de Manolita Gafotas e Daniela Féjerman, chega aos Codex Cinema Que alguén coide de min”, unha película que ten moitísimas cousas que non deberían pasar desapercibidas, é comercial, divertida, dramática e une un discurso social e familiar co artístico.

As outras estreas desta semana nos Codex Cinema son:

O trío en mi bemol“, o novo filme de Rita Azevedo Gomes. Nesta filme, Azevedo  plantexa unha serie de encontros entre un home e unha muller (aos que dan vida Pierre Léon e a actriz habitual na súa fimografía Rita Durão), que foron parella e agora son amigos, que falan de problemas amorosos e outros asuntos persoais nun entorno idílico.

E O meu crime“, película francesa dirixida por François Ozon que reúne varias xeracións de actores dramáticos de Francia que se divirten e nos divirten nunha comedia desenfadada.

Pódese consultar toda a información e programación en: www.codexcinema.info

 

 


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com