Novas

Roberto Castro. Fonte: OSilInfo.es

Ribas de Sil xa conta con novo encargado da alcaldía, Roberto Castro

Tras 26 anos cumplidos en novembro no posto de alcaldía, Miguel A. Soutela foi relevado nun acto de toma de posesión, realizado a tarde deste venres, polo socialista Roberto Castro. O salón de plenos do Concello de Ribas de Sil foi o lugar no que discurriu o acto, presenciado por un amplo público coa presenza do secretario xeral do PSdG, José Ramón Gómez, ou o secretario provincial e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca.

No discurso de toma de posesión, Castro Roberto dirixiuse aos asistentes e “todos veciños do Xeoparque Montañas do Courel” dando as grazas pola súa presenza e asegurando que “non hai maior orgullo que ser alcalde do teu pobo”. Despois de 29 anos ao lado de Miguel Sotuela e Luis Rodríguez, asume agora a responsabilidade de dirixir a política do concello lucense.

Cartaz. Circulo das Artes de Lugo.

O 20 de decembro inicia o Ciclo de Cine do Círculo das Artes de Lugo

O 20 de decembro pon inicio o Ciclo de Cine ‘Circulofilm‘ do Círculo das Artes de Lugo. A programación inicia o vindeiro xoves, ás 20:00 horas da tarde, cun coloquio a modo de mesa redonda guiados polos, respectivamente, guionista e director de cine Jorge e Pepe Coira. A axenda completarase o 27 de decembro coa proxección do filme ’18 comidas’, ás 20:00 horas.

A actividade é gratuita mais require a inscrición previa. Para confirmar a presencialidade, o Círculo das Artes oferta a opción de anotación a través da súa oficina e o seu correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es.

Ambulancia. Imaxe de recurso.

Un home falece tras ser atropelado en A Frairía, en Castroverde

Este venres, 13 de decembro, un home faleceu no concello lucense de Castroverde tras ser atropellado no momento no que se dispoñía a realizar un cambio de roda ao seu vehículo. Segundo informaron fontes do servizo de urxencias á axencia EuropaPress, o suceso tivo lugar ás 18:30 horas da tarde na LU-530, concretamente no kilómetro do tramo número 24 e coincidindo co paso da estrada pola parroquia de A Frairía.

A primeira alerta recibida polos servizos de urxencias indicaba a colisión entre dous vehículos. Posteriormente, os axentes da Garda Civil que acudiron ao punto confirmaron que se trataba dun atropelo mentres a vítima do mesmo estaba fora do seu vehículo a cambiar unha roda pinchada. O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pese aos esforzos unha vez chegaron ao punto, non conseguiron manter con vida ao home.

Eduardo Iglesias. Fonte: Europa Press.

O monfortino Eduardo Iglesias será o único piloto galego no Dakar 2025

Entre o 3 e 17 de xaneiro será desenvolto o campionato de motociclismo Dakar 2025, cun recorrido programado de 8.000 kilómetros en Arabia Saudita. De todos os conductores dos cabalos a dúas rodas, Eduardo Iglesias será o único galego partícipe. Esta supón a quinta presenza do monfortino na carreira do deserto árabe, unha proba que rematou catro das mesmas, posto que un accidente o fixo ter que renunciar na última competición.

Como indicou a EuropaPress, agarda “con ansia el inicio de la prueba un año más para poder mejorar los resultados de las anteriores”, nas que chegou a acadar o posto 53 na liña de meta, facendo da do 2021 a súa mellor carreira. “Acabas repitiendo cada año”, afirmou á axencia, logo de explicar o accidente que lle provocou a ruptura de dúas clavículas e a vivencia da perda dun compañeiro e amigo nun accidente no 2024.

Policía Nacional. Imaxe de recurso.

Detidas dúas persoas en Lugo por hurtos en supermercados de Cáceres e Badajoz

O pasado mércores, membros do corpo de seguridade da Policía Nacional detiveron en Lugo a dúas mulleres como presuntas autoras dun delito de hurto continuado pola sustracción de mercancía en cadeas de supermercado de provincias como Valladolid, Salamanca, Cáceres ou Badajoz. Segundo indicaron fontes policiais a EuropaPress, o dispositivo especial de búsqueda foi aberto logo de que lles fose comunicado un posible hurto nun local da cidade.

As dúas presuntas autoras dos delitos de hurto foron localizadas nun centro comercial, no vehículo que usarían para acometer os roubos e no que foron localizados produtos cun valor de máis de 4.000 euros. Membros do corpo indicaron que a metodoloxía seguida por estas baseábase en “adquirir una pequeña cantidad de productos, con un importe económico muy bajo, para distraer así a los empleados de los establecimientos”, mentres, “otra de las autoras hurtaba productos de un valor superior que introducía en una mochila”.

Laura Vallejo. Galiforest.

Rodríguez, Vallejo ou Rojas: nomes premiados nos Premios Son Muller 2024

Este venres, 13 de decembro, tivo lugar a gala de entrega dos Premios Son Muller 2024 da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo. No acto, realizado no Salón Reixo do Círculo das Artes de Lugo, a presidenta do tecido Anjhara Gómez e outras autoridades foron os responsables de facer a entrega dos recoñecementos, dous por categoría. A cita leva activa na axenda dende o 2018 co obxectivo de visibilizar e subliñar o papel fundamental das mulleres profesionais que desenvolven a súa labor en favor do desenvolvemento de Lugo.

As premiadas, por categorías, foron:

  • “SON EMPRESARIA”:

Shirley Rodríguez (Pacific Soul Tattoo)

Verónica Mari e Cristina Díaz (Craft & Tea)

  • “SON EMPRESARIA RURAL”:

Laura Vallejo (Laura Vallejo)

Paula Sánchez (Alto do Chao)

  • “SON EMPRENDEDORA”:

Carmen Rojas (Tapicería Artesanal Hermanos Rojas)

Aldara Pérez (Aldara Música para eventos)

Recepción dos fogares por parte da alcaldesa e a concelleira de Muller, Ángeles Novo.

Habilitadas catro vivendas de acollida para vítimas de violencia de xénero en Lugo

A través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia con fondos europeos, foron reformadas e rehabilitadas catro vivendas na cidade de Lugo que serán o espazo seguro de mulleres que tivesen vínculos nos que se desenvolvesen violencias. A intervención, impulsada polo Executivo socialista e a Concellería de Muller, contou cun investimento de 365.342 euros para a axeitada rehabilitación dos inmobles. Estes responderán correctamente ás necesidades básicas, dende eléctricas ata ergonómicas, das novas habitantes das mesmas.

As obras implicaron unha renovación completa do interior dos fogares, incluíndo o cambio de revestimentos, pavimentos, falsos teitos, carpintería metálica con ventás de dobre acristalamento, renovación de saneamentos e instalacións eléctricas. Ademais, actuouse nas zonas comúns dos edificios para mellorar a eficiencia enerxética e reducir custos de mantemento. Estas melloras permiten garantir un maior confort térmico e acústico para as futuras usuarias.

Talgo Madrid-Ferrol. Fonte: Renfe.

O traxecto de Renfe entre Lugo e Madrid é recuperado sen transbordo

A empresa ferroviaria Renfe vén de facer pública a última campaña de modificación nas liñas viarias dos servizos Avlo en traxectos de Galicia a Madrid. En total, suman 4.000 novas prazas ás 54.000 previamente existenes á oferta semanal total do corredor de alta velocidade dende o territorio galego e sustitúe dous Alvia por dous Avlo S106 na conexión entre A Coruña e a capital española.

Coas modificacións, dende a compañía prevén unha mellora nos tempos de viaxe chegando a acurtar en 18 minutos o traxecto que parte dende a cidade herculina e en 42 minutos o que ten destino na mesma. Dende o 15 de decembro adiante, a conexión entre Ferrol e Madrid sumará máis horarios de viaxe grazas aos novos trens e a liña entre Madrid e Vigo recuperará o seu horario previo ao inicio das obras na estación de Chamartín.

Cartaz baile Vilalba. Fonte: Concello de Vilalba.

O baile navideño de Vilalba contará co sorteo de dúas cestas de Nadal

O día 22 de decembro ten lugar o baile de Nadal no municipio de Vilalba. O evento da comunidade terá lugar no Centro Cultural local dende as 17:00 ás 20:00 horas da tarde. Á programación, a Concellería de Servicios Sociais vén de sumar o sorteo de dúas cestas de Nadal “doadas por unha empresa” do concello.

O encontro veciñal estará amenizado por unha actuación do Dúo Venus e, ademais de baile, a organización oferta a participación dos visitantes a xogos de mesa. O obxectivo do concello, como indican, é o de se xuntar “para gozar dunha tarde entretida”.

Consello de Turismo. Fonte: Deputación de Lugo.

O turismo sostible pecha en Lugo con sesenta actuacións estratéxicas

Na última reunión do Consello Provincial de Turismo, realizado este venres no Salón de Plenos, foron detallados e recollidos os logros e accións desenvoltas pola institución a nivel provincial. Pilar García, vicepresidenta do departamento, explicou que a Deputación pecha este 2024 cun reforzo ao modelo de turismo sostible con dez novas propostas en comparación á anualidade previa, acadando as 60 actuacións.

Nun comunicado emitido do Gabinete de Comunicación da Deputación de Lugo, destacan o programa ‘Coñece a túa provincia’, que posibilitou a realización de excursións gratuitas por parte de persoas pertencentes a 82 tecidos asociativos de 67 concellos. Poñen en valor a involucración en eventos, asemade, como La Vuelta ou o Campionato de España de Taekwondo.

Noutras liñas de novidades á oferta turística ou de ocio, destacan a implementación de propostas relacionadas co turismo intelixente, o ecoturismo ou a gastronomía. Asemade, subliñan o aumento en número de viaxeiros que no seu paso polo territorio aproveitaron o abano de rutas fluviais artelladas.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com