Novas

Continúa a baixar o número de casos activos por Covid na provincia

Un día máis volven a baixar o número de casos activos por coronavirus na provincia; nas últimas 24 horas o Sergas notificou preto de cen (93) casos activos menos e que fan un total de 1.315 casos na área sanitaria de Lugo.

No total de Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.628 deles 1.616 son da área da Coruña, 646 da de Ourense, 429 da de Pontevedra, 999 da área de Vigo, 1.228 da de Santiago e 395 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 154 en unidades de hospitalización e 6.426 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 170.534 persoas curadas, rexistrándose 2.579 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.760.951.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.148.500.

173 familias luguesas beneficiarias do Bono Concilia

A Consellería de Política Social vén de resolver a orde de axudas do Bono Concilia para este curso, que na provincia de Lugo benefician a 173 familias que non obtiveron praza nunha escola infantil pública para que poidan financiala nun centro da súa elección.

Así o explicou o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, quen destacou que o Goberno galego destinou no conxunto de Galicia dous millóns de euros a esta prestación, ampliables para atender ao 100% das solicitudes que cumpran os requisitos.

Como novidade, este ano o bono incrementouse un 10% en todos os seus tramos. Así, para un neno ou nena que vaia á escola a xornada completa con comedor, oscilará entre os 50 e os 275 euros ao mes.

Para ter dereito a esta axuda débese ter pedido antes unha praza pública, e que ou ben fose denegada ou ben non se axuste ás necesidades de horario das familias. Esta prestación é compatible con outras destinadas tamén a pagar este servizo, sempre que non se supere o custo da praza.

No curso 2020/2021 foron 168 as familias da provincia de Lugo que se beneficiaron desta medida, que na actualidade beneficia só aos primeiros fillos, xa que desde o mes de abril do ano pasado todos aqueles segundos fillos e sucesivos teñen o 100% da atención educativa gratis en calquera

‘Lareira de soños’, a volta a Ítaca de Pastora Veres

É un pracer e un privilexio compartido o meu prólogo con Pastora nun escenario tan digno, tan representativo da vida rural galega como é este traballo antropológico.

Pas, traballadora social pola Universidade de Santiago e master en drogodependencias pola mesma institución académica, Pas recorreu boa parte da comunidade galega empezando a súa andaina profesional polo Concello de Noia. Nun longo roteiro pasou por Vilagarcía, O Grove, Santiago, Lugo e tamén Neda e Ares, municipios da nosa comarca ferrolá. Desde o ano 2005, presta os seus servizos na Consellería de Política Social na Coruña.

O feito de que Pas Veres optara polo traballo social considero que é un dato revelador das inquedanzas e do compromiso coa sociedade que agromou desde moi nova na nosa autora. Ademáis do que é o seu rol profesional, o seu
modus vivendi, Pas leva de xeito paralelo o seu compromiso co labor comunitario e a defensa da cultura e tradición do rural, como fiel discípula do poeta Díaz Castro cuxa poesía abordaba a temática da humilde vida rural, como salientaba o seu amigo e ilustre polígrafo ferrolán Ricardo Carvalho. Na propia solapa do libro figura a súa participación, sendo máis nova, na Asociación de Veciños dos Vilares e na Romaría Labrega da Chaira e máis recentemente implicada  tamén no proxecto cultural Os Vilares lareira de soños.

Estamos xa que logo diante dunha muller rica en valores humanísticos. Hai que engadir que Pastora, como boa chairega, é poeta. Na Chaira agroman os poetas e as poetisas como margaritas en primavera. Velaí o papel de impulsora, sumando forzas co seu home, Antón, da Nova Poesía Guitirica, movemento que en só seis anos cobrou unha notoriedade e prestixios extraordinarios. Precisamente, en semanas pasadas, a NPG ocupaba titulares na prensa por estar implicada no primeiro festival de poesía guitirica, en alianza co Concello daquela vila.

Pas, xornalista

Quero destacar igualmente un aspecto biográfico da autora de Lareira de soños, que non e tan coñecido. Pastora non é unha xornalista de profesión, pero sí de devoción. Acredito que é unha admiradora deste oficio, do que precisamente era un apaixonado vocacional o seu escritor de culto García Márquez, que decía que este era o mellor oficio do mundo.

Gabo escribía xa ben avanzada a súa idade: “No quiero que se me recuerde por Cien años de soledad, ni por el Premio Nobel sino por el periódico (…). Nací periodista y hoy me siento más reportero que nunca. Lo llevo en la sangre, me tira”.

Pastora se houbese seguido este camiño, sería hoxe unha magnífica profesional dun xornalismo máis ben literario e creativo. Non hai máis que ver como a autora manexa neste libro, cunha singular mestría, un dos xéneros máis prezados do xornalismo como é a entrevista, que ela desenvolve brillantemente a través da fórmula narrativa.

Se o traballo de campo foi arduo, peregrinando por rueiros e casas dos Vilares e máis alá trasladándose a Bilbao e Barcelona onde vivían vilaregos que podían aportar valiosos testemuños de anos, armar literariamente todas esas conversas, todo ese material reunido na gravadora e nas libretas de apuntes foi un gran reto que Pastora soubo afrontar cun magnífico resultado. Pas Veres con esa vea que ela posee de xornalista e poeta sabe manexar a palabra, contextualizar o relato e lograr o obxectivo final de despertar o interés de lectoras e lectores e sacar do anonimato as voces silenciadas do rural, como refire Luz Campello nun fermoso artigo que foi publicado en Praza Pública, a raíz de saír da imprenta a obra que nos trae aquí.

Díaz Castro-Carvalho Calero Resolto o capítulo biográfico, desde a modestia e como cronista que fun desta cidade e comarca, ao longo de moitos anos, e mesmo como prologuista da obra dou fe, levanto acta -xa se sabe que os xornalistas somos os notarios da actualidade- de que hoxe aquí neste histórico templo da cultura e do saber asistimos siquera sexa simbólicamente ao feliz encontro dos Vilares de Díaz Castro e o Ferrol de Carvalho Calero. Foron desde os anos oitenta, grandes amigos, coa mediación de Alfonso Blanco Torrado, fundador de Xermolos e gran activista social e cultural, gran impulsor da candidatura de Díaz Castro ás Letras Galegas.

Un fito que agardo que máis pronto que tarde chegue a traducirse nunhas xornadas nas que se estude e divulgue a relación destes dous literatos e intelectuais galegos.

O prólogo
É obrigado que faga unha referencia ao meu prólogo. Pas asinoume este honroso papel, un día tan sinalado como foi a xornada do 17 de maio de 2014 en Guitiriz onde se constituiu solemnemente a Real Academia Galega para entronizar no olimpo das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro. É curioso que a ela emprazouna para escribir o libro o poeta
Manuel María e a min emprazoume para escribir o prólogo a poeta Pas Veres. Foi unha decisión dela, pero se así non fose non sei se non llo acabaría pedindo eu. Semella, e por algo sería, que os poetas chairegos Manuel María e Díaz Castro, alá donde se atopen, convocaron aos astros para que se aliñaran con nós e foramos da man nesta viaxe, nesta lareira chea de soños que hoxe nos trae a Ferrol a súa autora.

O prólogo, amigas e amigos, permitiume algo tan elemental e desexado como reivindicar as miñas orixes vilaregas. Cando escribin o texto tiven a sensación repetida de que estaba a facer algo de funambulismo. Costábame traballo manter o equilibrio entre o que me dictaba a cabeza e o que me facía escribir o corazón. Lembreime máis dunha vez do recordado filósofo, tamén amigo nos últimos anos da súa vida, Carlos Gurméndez, tratadista das paixóns e os sentimientos. Gurméndez aborda na súa obra o dobre exercicio de sentimentalizar a razón no canto de racionalizar os sentimentos, ambas reaccións moi humanas, por outro lado. Pois por aí andiven eu con mellor ou peor fortuna cando
me puxen a redactar o prólogo.

O libro: O retorno a Ítaca

Considero que Lareira de soños é en esencia unha especie de regreso a Ítaca da autora: Pas leva moitos anos indo dun lado a outro por razón do seu labor profesional. Adiviño que Pas quería sentir o orgullo e a fachenda de homenaxear ao seu particular macondo, de facer un xeneroso exercicio de vilareguía, e nunca de mellor maneira que construindo a historia dos seu recanto natal, historia que estaba por facer. Pas resolve con esta obra, de craro selo social e antropolóxico, un compromiso moral, emocional e sentimental cun traballo que lega para futuras xeracións. A filla
“errante” volve para poñer aos Vilares no mapamundi.

Do local ao global

É que estamos diante dunha mensaxe que está a facer xa ese longo recorrido do local ao global non só en virtude da transmisión e divulgación que permiten as novas tecnoloxías senón porque, agás algunas particularidades, como é o caso da figura dos trapeiros, o que se conta neste libro vale para calquer outro territorio do rural: a supervivencia sometida ás estreiteces das economías familiares, a emigración, o salto do campo a industria, en definitiva, a loita na procura dun mellor estado de benestar, son fenómenos que se repiten en calquer punto do ancho e amplo cosmos do  rural.

O valor do testemuño oral

Pas Veres botou man do testemuño oral utilizando como ferramenta a entrevista. Este é un asunto que mereceu ao longos dos tempos moito debate por parte de especialistas na materia. Fronte aos que pelexaban por dar valor a oralidade situabanse aqueles que restaban fiabilidade a estas fontes. O caso é que desde Herodoto, do século V antes de Cristo, que se apoiou no relato oral para escribir as Guerras Médicas, pasando por Tucidides que se valeu deste recurso para narrar o conflicto do Peloponeso ata os anos sesenta do século pasado en que se deron os primeiros pasos na historia oral como metodoloxía do traballo, as fontes orais dunha maneira ou outra foron sempre utilizadas na
investigación. Antes recordaba o traballo de Luz Campello sobre as voces silenciadas do rural, velaí que os expertos e defensores deste método sosteñen que a historia oral entraña un principio cal é o dar voz aos sin voz.

A fotografía na vertente antropolóxica
Hai un aspecto neste libro no que convén reparar. E o valor que a autora dá a fotografía. A propia portada do volume xa nos indica por onde van os tiros. É sabido que a fotografía é un medio de comunicación, pero dentro deste concepto xeralizado podense establecer clasificacións: a foto de prensa, a foto de estudo, a foto artística ou de ensaio e tamén a foto antropolóxica ou etnográfica, que é a que visualiza as persoas no seu entorno sociocultural: a familia, as festas, bodas, bautizos, enterros, labores do campo, oficios relixiosos, documentos que retratan a escenificación da vida no rural.

Aquí os fotógrafos ambulantes das primeiras décadas e mediados do século pasado xogaron un papel importantísimo. Lareira de soños ten ao meu ver o tratamento axeitado destes documentos gráficos. Sen deixar de botar man ao recurso máis moderno do audiovisual, un documental que fixeron uns mozos sobre a vida nos Vilares.

O relato: un exercicio de antropoloxía cultural

Por último, respecto a construcción do relato, Lareira de soños retrata a historia, as formas de vida, a cultura dos Vilares, como xa dixemos a través de pezas con personalidade propia, que fan máis doada a súa lectura. Cada entrevistado conta a súa particular historia, o que viu e viviu, o que rompe a posible monotonía do relato lineal.

Lareira de Soños vén a ser un exercicio non campo concreto da antropoloxía cultural. Vemos como, fundamentalmente, a comunidade vilarega sobrevive ao longo do tempo grazas ao campo, as actividades de intercambio comercial, reflectidas nun movemento nomade, que vai de porta en porta en longos percorridos e períodos de tempo practicando unha sorte de oferta e demanda: leva trapos e pode retornar con diñeiro ou cousas materiais necesarias para a vida cotiá. A emigración e outro dos fenómenos que marcan, como noutros moitos pobos
galegos e españois, a vida dos Vilares. “Traguerán os camiños algún día a xente que levaron”, que dicía o noso poeta do Vilariño no poema maís coñecido Penélope.

Recorriase tamén aos traballos temporais, como as segas de Castela, e , por outra banda, emerxían indicios de actividade endóxena que vai desde veciños que rompen co conformismo e lanzanse a determinados tipos de negocios: hostalería, fornos, canteiros, tecelás, xastres, músicos…Houbo veciños que marcharon e trunfaron, outros destacaron non mundo das letras e das artes. Todos aparecen nesta obra, que abrangue cronolóxicamente os séculos XIX e XX.

A familia Castro-Tomé

Non podería rematar sen mostrar a miña gratitude por ver representada neste libro a familia Castro- Tomé. Por aí andan meu pai, miña nai, os irmans, tíos dunha estripe e outra e entre eles o meu avó paterno Nicolás que ten unha historia moi peculiar, como cita Pas no libro.

Tanto polo lado dos Castro dos Manchás como polo dos Tomé de Lea foron familias moi numerosas que se dispersaron en boa parte polo mundo adiante en busca de mellor vida. Pois resulta que a Lareira de soños de Pas Veres descubreme incluso datos dos meus parentes que eu descoñecía.

Sendo Ferrol a miña patria de nacenza, á que me entreguei en corpo e alma, no exercicio do xornalismo e,  modestamente, no campo da cultura a través do fundamentalmente do Club de Prensa, teño que manifestar co mesmo orgullo que polas miñas veas corre únicamente sangue vilarego.

Benquerida Pas, gratitude infinda.


Germán Castro Tomé.

Candia centra as accións da súa campaña no recoñecemento a afiliados e militantes

Elena Candia, proclamada única candidata a presidir o PP da provincia de Lugo despois do 18 Congreso, centrará a súa campaña en tres accións: “o recoñecemento á fidelidade, o apoio e a confianza dos afiliados da base; reunións de traballo abertas á militancia naqueles concellos estratéxicos e con menos representación e encontros con todos os compromisarios por comarcas”. Tamén se reunirá con concelleiros de xuventude de distintos Concellos e cos responsables do PP en cada distrito da cidade de Lugo.

A actual presidenta e candidata a revalidar o cargo o vindeiro domingo 19 de setembro, iniciou este xoves os actos de campaña cunha reunión cos tres afiliados máis veteranos do Partido Popular da provincia de Lugo, inscritos dende antes de que nacera a propia Elena Candia. A popular quixo recibilos “en sinal de recoñecemento a toda a afiliación que me acompañou estes seis anos aportando moitos coñecementos, experiencia e demostrándome afecto no día a día”. Durante a xuntanza, Candia fixo balance do traballo realizado nestes últimos anos e explicoulles os actos nos que consistirá a súa campaña.

Posteriormente, a vindeira semana, manterá en Meira unha reunión aberta para escoitar á militancia co obxectivo de chegar a “aqueles concellos estratéxicos e onde o Partido Popular conta con menos representación nas corporacións municipais”. Tamén desenvolverá encontros por comarcas cos compromisarios, aqueles que poderán votar en urna durante a celebración do 18 Congreso provincial. O prazo para que os afiliados inscritos como electores se inscriban como tal para remata o vindeiro mércores 8 de setembro.

Candia quere, así mesmo, escoitar aos responsables das áreas de xuventude nos Concellos da provincia para coñecer máis de preto as accións que están a desenvolver e, por supostos, escoitar as reivindicacións dos mozos e mozas, que son o futuro da nosa provincia”. E tamén se reunirá cos responsables do Partido Popular nos distintos distritos da cidade de Lugo.

“Igual que fixen ata agora, quero seguir traballando e escoitando á militancia porque é fundamental estar ao pé dos veciños para coñecer os seus problemas do día a día e tratar de darlles solución dende as institucións”, dixo. Elena Candia continuará, así mesmo, a manter reunións cos alcaldes, portavoces e representantes do PP nas distintas institucións onde ten representación seguindo a dinámica habitual de traballo constante durante todos estes seis

A Deputación asina o contrato para a construción da residencia de Portomarín por 1,4M€

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, cumprindo co que xa avanzou a semana pasada, firmou este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos o contrato coa empresa que resultou adxudicataria das obras de construción do Centro de Atención a Maiores de Portomarín, Coto Estudios y Construcciones. O orzamento ascende a 1.430.000€ para construír 13 apartamentos tutelados e un centro de día.

“Asinamos este contrato dentro dos compromisos que temos adquirido cos lucenses para seguir acercando os servizos públicos ó rural, e dentro dun dos piares do Goberno da Deputación, como son os servizos sociais”, subliñou o Presidente, quen asegurou que a institución impulsa deste xeito unha dotación social que ofrecerá unha atención de calidade e favorecerá o arraigo dos residentes, pois poderán permanecer no lugar no que fixeron a súa vida, convivindo cos seus veciños e veciñas.

A parcela onde se van levantar estas instalacións conta con 800 m 2 e foi cedida polo Concello de Portomarín. Está situada fronte á rúa Lugo, preto da Casa do Concello e nela construirase un edificio de 2.200 m 2 , que se dividirá en catro plantas. Haberá un soto para garaxe, unha planta baixa para o centro de día con capacidade para 28 persoas, un apartamento, comedor social e servizos comúns (Iavandería, zona de vixilancia, control e administración, entre outros); na primeira planta construiranse 8 apartamentos e na segunda, 4. Cada un deles contará cunha superficie de entre 55 e 62 m 2 . Dispoñen de zona de cociña, comedor e sala de estar, habitación dobre e baño adaptado.

Aberta a inscrición do programa Aprende Xogando para o 1º trimestre do curso escolar co obxecto de facilitar a conciliación

O Concello de Lugo, a través da área de Muller dirixida pola concelleira Silvia Alonso, acaba de abrir o prazo de inscrición do programa ‘Aprende Xogando’ para o 1º trimestre do curso escolar 2021/2022, co obxecto de continuar co desenvolvemento de actividades que permiten aos pais e nais a conciliación da vida laboral e familiar.

“É un programa orientado a favorecer a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal, beneficiando tanto ás e aos menores como á unidade de convivencia no seu conxunto, apoiando de xeito especial ás mulleres no seu proceso de participación sociolaboral do cal se beneficiaron este verán preto de 350 nenos e nenas da cidade” explicaba Alonso, ao tempo que destacaba que debido á situación actual de emerxencia sanitaria que estamos a vivir, priorizar a conciliación laboral e familiar, facilitando a volta ao traballo das persoas con menores ao seu cargo durante o curso escolar “é unha necesidade” subliñou.

Para garantir a saúde de todas as persoas participantes no programa Aprende Xogando, tomaranse as medidas necesarias para adaptarnos ás condicións sanitarias recomendadas en función da normativa vixente en cada momento para facer fronte á Covid-19. A tal efecto poderanse ver afectadas as localizacións, aulas, aforos e calquera outro aspecto preciso atendendo sempre ás recomendacións das autoridades sanitarias competentes.

O programa está dirixido a nenas e nenos empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 3 e os 12 anos e as solicitudes efectuaránse de xeito telemático polos/as proxenitores/as dos/das menores, no e-mail aprendexogando@lugo.gal, sinalando nome, apelidos da/o menor e nome, apelidos e D.N.I. do/da proxenitor/a solicitante aportando anexo normalizado para a solicitude e a documentación requerida.

O Concello abrirá os aparcamentos de Ramón Piñeiro e Lamas López

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou onte a apertura dos aparcamentos alternativos que o executivo municipal puxo en marcha nas rúas Ramón Piñeiro e Francisco Lamas López, cun investimento total de 171.000 euros. Fíxoo durante unha visita ás novas instalacións, onde estivo acompañada do tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández.

 A rexedora explicou que “unha vez finalizados os traballos en ambas parcelas municipais, que incluíron a pavimentación do chan, a renovación da iluminación ou a instalación de nova sinalización, entre outras tarefas, os e as lucenses xa poden facer uso destes novos aparcamentos cos que creamos 69 novas prazas de estacionamento públicas e gratuítas nos barrios de A Residencia e O Castiñeiro”.

Lara Méndez lembrou que “este proxecto está ligado á posta en marcha da nova senda verde ciclista da cidade, pois busca paliar a perda de prazas que se producirá nalgúns puntos da súa contorna”. Neste senso apuntou que “ás 69 prazas que hoxe pasarán a estar a disposición da cidadanía, súmanse as 57 que se habilitaron co repitando en batería ou espiga dos espazos nas rúas Río Mandeo, Pomar, Amizade, Ronda do Carme e Mestre Soutullo, acadando un total de 126 novas prazas”.

Dende que accedeu á alcaldía, Lara Méndez puxo en marcha 9 aparcamentos alternativos cun investimento superior aos 400.000 euros, creando 272 novas prazas de estacionamento en: Rúa Alcalde Manuel Portela; Rúa Do Buxo; Avda. Reverendo Xosé Fernández Núñez; Rúa Pedro González López; Rúa Jacinto Calvo Senador, Rúa Alcalde Xosé Novo Freire, Rúa Paradai De Arriba, Rúa Ramón Piñeiro e Rúa Alcalde Francisco Lamas López.

Por outra banda, a rexedora creou outras 363 prazas no párking fronte ao HULA, 150 máis co repintado das prazas da rúa que circunda o hospital Lucus Augusti e outras 80 coa apertura ao público, polas tardes e fines de semana, do aparcadoiro do Seminario.

Esíxenlle desculpas públicas a Ramón Carballo pola actitude na Comisión de Festas

O portavoz do Grupo Municipal do BNG e Tenente de Alcalde de Lugo esixiu que o Grupo Municipal do Partido Popular e o seu portavoz, Ramón Carballo, pidan desculpas pola actitude mantida na Comisión de Festas celebrada o mércores en Lugo. Rubén Arroxo afirmou que “as formas de actuar de Ramón Carballo non son aceptables para dirixirse a ningunha muller”, e esixiu “desculpas públicas por manter estas actitudes e dirixirse deste xeito a unha concelleira nun organismo municipal”.

O segundo edil afirmou que “desde o BNG non toleraremos este tipo de comportamentos en ningún ámbito, e especialmente nas xuntanzas de traballo do Concello de Lugo”, e engadiu “hai que saber diferenciar cando se está nun organismo municipal e cando se está xogando a partida na barra dun bar”.

O portavoz nacionalista sinalou que “non se poden consentir as faltas de respecto nin as actitudes machistas doutros concelleiros á Corporación da que forman parte”, e afirmou que “mentres que desde o BNG traballamos a diario pola eliminación das conductas machistas, o PP continúa a demostrar que só lle interesa a igualdade como un xeito de facer propaganda”.

19,30 h.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, intervirá mediante videoconferencia na mesa multilateral de Alcoa San Cibrao. Na sala de xuntas da Consellería (edificio administrativo de San Caetano, 4º andar). foto xoán crespo 27/07/2020

Impulsan un observatorio da Industria Aeroespacial que consolide Galicia como referente estatal e internacional

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión desta mañá, aprobar a sinatura dun convenio de colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación –a través da Axencia Galega de Innovación (Gain)– e o Consorcio Aeronáutico Gallego (CAG) por importe de 589.000 euros durante tres anos para impulsar un observatorio da industria aeroespacial en Galicia.

Deste xeito, o obxecto do convenio é colaborar na creación, posta en marcha e xestión dun observatorio para xerar, atraer, compilar e divulgar coñecemento experto e estudos científicos en materia aeroespacial. Con este novo instrumento agárdase fomentar a elaboración de estudos científicos, crear un espazo común de acceso ao coñecemento na materia, estudar e definir as tendencias nacionais e internacionais, realizar eventos e actos de difusión dos resultados acadados, así como compilar, publicar e divulgar estudos e documentación científica de alto nivel e atraer talento científico.

Trátase de posicionar o observatorio como un centro de referencia a nivel nacional e internacional na realización e difusión de estudos científicos, económicos, estatísticos e de prospectiva do sector aeroespacial.

En concreto, o convenio contempla actuacións como a creación de contas sectoriais do segmento de sistemas non tripulados, a realización de informes e estudos estatísticos e econométricos de impacto do sector, así como de prospectiva, tendencias e evolución na creación e crecemento de empresas. Tamén contempla a promoción, difusión e divulgación das actividades e estudos do observatorio.

Nace como un instrumento aberto á comunidade de empresas, universidades e centros tecnolóxicos en materia aeroespacial, polo que todo o traballo realizado permitiralles dispoñer dunha fonte de información estratéxica e crear unha base de coñecemento que resultará clave á hora de adoptar decisións e deseñar accións de futuro. Xeraranse sinerxías entre os axentes do sector para identificar oportunidades, promover a colaboración e concorrer a proxectos estratéxicos para a captación de investimento.

Neste sentido, a sinatura deste convenio enmárcase nas medidas recollidas na estratexia do Polo ata 2025. En concreto, no obxectivo relativo á xeración de capacidade e coñecemento científico básico en Galicia dentro do programa de investigación científica e na actuación para a capacitación científico-tecnolóxica de universidades e  centros tecnolóxicos. Así, trátase da segunda actuación que se pon en marcha desta folla de ruta tras o lanzamento da licitación para seleccionar novos socios estratéxicos.

A través desta licitación, cuxo prazo de presentación de propostas se mantén aberto ata o 10 de setembro na páxina web www.civiluavsinitiative.com, a Xunta busca seleccionar entre catro e oito socios estratéxicos e tecnolóxicos para o Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025. Cun orzamento inicial de 40M€, a previsión é que as empresas tractoras  finalmente elixidas desenvolvan 80 proxectos de I+D; constrúan novos hangares no Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas (Castro de Rei, Lugo), onde xa están en marcha as instalacións de Indra e Babcock; e acaden un efecto muiltiplicador sobre a capacidade tecnolóxica de Galicia, apoiando o desenvolvemento e consolidación de 80 pemes galegas.

Pegar cun demo

Non volvín escoitar a mención do demo como arma arroxadiza desde a miña nenez, en Vilalba, a primeira Facultade onde me licenciei en galego popular, este que sigo a utilizar cos matices que os anos e o roce foron propiciando.

Cando se quería indicar que unha persoa sufrirá un arrebato e agredirá a alguén de xeito repentino, dicíase que “lle pegara cun demo”, dando a entender  que fóra un cabreo súbito polo que utilizara o primeiro que atopara á man.

Pensando nun contorno rural, o que se supón que se tiña á man era un pau, traballado ou en bruto, atopado á  beira ou arrincado de onde fose doado. Claro que tamén podía ser calquera outro obxecto, manexable segundo as forzas do usuario, que adrede non lle llamo agresor por se esta acción fose resposta a unha agresión previa, física ou verbal.

Pero ademáis do pau, sempre había á mans instrumentos de labranza, como por exemplo un sacho que, de feito, servía ás veces de momentáneo desafogo para dirimir cuestións para as que se coidaba on chegaban as palabras.

Con todo isto non quero dicir que o meu contorno vilalbés fóra esencialmente violento – de feito non lembro ter contemplado liortas- pero ás veces as palabras van por diante dos feitos, e o xeito de utilizar o demo como obxecto contundente quedaba para os relatos de trifulcas, sempre magnificadas, que tiveran lugar en tempos pretéritos e lugares ás veces imaxinarios.

A todo isto, non sei ben porque empecei a falar do demo e de utilizalo para agedir a alguén, porque eu o que pretendía era falar de okupas e okupacións, pero esta cabeciña por veces parece empeñada en que o santo se me vaia ao ceo e suba o demo ao alto.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com