Novas

 ‘Dianto Reed Quintet’ ofrece unha charla concerto ao alumnado do conservatorio

O quinteto de música de cámara Dianto Reed Quintet ofreceu hoxe unha charla concerto no Conservatorio de Música de Lugo, dependente da Xunta de Galicia, para compartir coa comunidade educativa do centro a súa experiencia profesional, pautas sobre o  proceso creativo ou proxectos de futuro, entre outros aspectos. O acto contou coa asistencia do delegado territorial, Javier Arias.

O grupo está composto por cinco músicos españois de cañas, entre os que figuran -ao fagot- a lucense María Losada, que iniciou os seus estudos no Conservatorio lucense. Está acompañada por María González (oboe), Ovidi Martí (saxofón), Erik Steven Rojas (clarinete baixo) e María Luisa Olmos (clarinete).

Residen en Ámsterdam, onde coincidiron cursando un máster, teñen actuado en prestixiosas salas de toda Europa e recibiron xa numerosos premios, entre eles o recente premio nacional ‘Ensemble Emergente FestClásica 2024’.

A charla concerto forma parte do programa ‘Reencontros’, que promove o CMUS Xoán Montes para poñer en valor aos antigos alumnos e alumnas do centro que, na actualidade, fixeron da música a súa profesión.

Javier Arias puxo en valor o traballo do Conservatorio de Lugo, que pertence á Rede de Conservatorios de Música e Danza da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e que a día de hoxe ofrece dezanove especialidades instrumentais que abranguen todas as que conforman de maneira ordinaria o cadro instrumental de agrupacións como a banda ou a orquestra, ademais doutras como o acordeón, o canto, a gaita ou o piano, así como actividades complementarias e extraescolares.

Acendido de luces de Nadal na praza de Abastos

Hoxe tivo lugar o acendido de luces do Nadal na praza de Abastos e no Mercado Municipal.

A Praza e o Mercado contan en total con 57 elementos decorativos, 12 arcos de luces no interior, 2 arcos na entrada da Praza e unha imaxe central a modo de photocall. En total, o alumeado conta con 107.600 leds repartidos entre ambas instalacións.

O acto contou coa animación musical da agrupación Claustromúsica e cunha degustación de productos dos distintos postos da Praza.

Preocupación ante o roubo e a rotura de varios desfibriladores públicos

O Concello de Lugo fixo un chamamento público ao civismo de todas e todos os lucenses, despois de que o departamento que dirixe a concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, comprobara a desaparición e rotura de dous desfibriladores públicos, que estaban instalados nas prazas de Avilés e do Sagrado Corazón. Segundo explica López Racamonde “un destes dispositivos foi atopado nun descampado grazas ao sistema de xeolocalización que levan incorporado, mentres que outro que sufriu danos tivo que ser arranxado”. “É incomprensible este tipo de actos de vandalismo, de bens que pagamos todas e todos os cidadáns, e que máis aló do custo económico, supoñen a posibilidade de salvar unha vida ante unha situación de emerxencia”.

O área de Benestar Social do Concello de Lugo está a reparar os aparatos que sufriron algún dano para que, unha vez arranxados ou repostos, pasen a integrar a rede de emerxencias destes dispositivos, formada por 67 desfibriladores. Un total de 11 se atopan en espacios públicos ao aire libre como prazas e rúas; outros dez portátiles son os que levan os operativos de Bombeiros e Policía Local nas súas saídas, mentres que o resto están instalados en centros sociais da cidade e parroquias rurais, dependencias deportivas municipais, centros culturais e outro tipo de edificios públicos. De feito, estes 67 aparatos fan de Lugo a cidade máis cardioprotexida do noroeste peninsular, ao triplicar o cociente español destes soportes vitais.    

A edil de Benestar Social lembra que “non é nin moito menos o primeiro acto vandálico deste tipo, xa que o ano pasado houbo outros tres desfibriladores vandalizados, en Augas Férreas, na Avenida da Coruña, preto do barrio da Milagrosa, e en Campo Castelo, que tiveron que ser reparados ou substituídos”. Olga López fai un novo chamamento ao civismo e insiste en que “cada un destes soportes ten un custo aproximado de 1.300 euros que pagamos todas e todos. Pero esixir á xente que respecte estes bens públicos non é só polo custo económico, senón porque poden axudar a salvar unha vida”. Ademais, explica a concelleira de Benestar Social, “todos estes dispositivos levan incorporado un xeolocalizador, polo que están conectados automaticamente ao 061. O roubo ou vandalismo destes soportes implican unha chamada falsa ao 061, que detecta que hai unha alarma e que activa así todo o dispositivo de emerxencias público, co gasto de recursos que iso implica”. 

As luces de Nadal acenderanse o 5 de decembro

O Concello de Lugo anunciou que as luces de Nadal se acenderán da man do ex xogador do Breogán e actual Director Xeral do clube, Salva Arco, o vindeiro 5 de decembro. O Alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 6 de xaneiro de 2025, en horario de 18:00 a 00:30 horas durante a semana, e de 18:00 a 03:00 as fins de semana e vésperas de festivos.
Este ano colocaranse nas distintas rúas e prazas un total de 197 arcos luminosos e 36 elementos ornamentais. Ademais, decoraranse máis de 100 farolas. Entre os elementos ornamentais, destacan a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.
O percorrido do Camiño Primitivo recibirá unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo serán decoradas con luces. A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, terá un mínimo de 20 metros de altura e estará ubicada sobre unha plataforma de 8×8 metros, contará cun mínimo de 3 figuras para poder utilizalo como photocall e 15.000 puntos de luz.

31 figuras da Colección Edelmiro Ulloa doadas ao Belén de Begonte

A colección de figuras do Belén do sacerdote Edelmiro Ulloa (1933-2021), ven de ser doada ao Belén de Begonte polo sobriño deste, o profesor e escritor Xosé Carlos Ulloa. Edelmiro Ulloa, nomeado en 1980 Capelán do Hospital Xeral de Lugo, foi un sacerdote moi querido na
sanidade e na sociedade lucense, desenvolvendo moi importante labor na institución sanitaria, creando a Coral do Hospital e o Grupo de Teatro “Lucho”. Polo Nada, sempre montaba un Belén, para o que foi adquirindo numerosas figuras artesanais.

Un total de 31 figuras foron entregadas por Xosé Carlos Ulloa ao Belén de Begonte, destacando entre elas 9 casas, 2 pallozas, 2 horreos asturianos, 2 carros con vacas e un tirado por cabalo, 1 cortador de leña, 1 ferreiro, 1 igrexa, 1 arado tirado por vacas, 1 roda de afiar e unha
máquina de mallar con motor e limpadora.

Varias destas figuras van ser incorporadas este ano, tanto ao Belén de Begonte na súa LIII ediciónn como ao Museo do Belén, destacando a figura móbil da máquina de mallar que contrastará coa escenificación do traballo co “malle” tradicional.

O Centro Cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén de Begonte, agradece publicamente a Xosé Carlos Ulloa a doazón desta artística herdanza de Edelmiro Ulloa, que constitúe unha importante aportación ao noso Belén.

Os polígonos de As Gándaras e O Ceao contarán con máis cámaras de vixilancia e máis estacionamentos

O Concello de Lugo anunciou esta mañá unha batería de medidas encamiñadas a mellorar a competitividade dos polígonos das Gándaras e O Ceao. A rexedora vén de manter senllas reunións na Casa do Concello cos representantes das asociacións de transportistas e de empresarios dos parques industriais para informarlles das actuacións que o Goberno local levará a cabo na principal zona industrial e comercial da cidade.

O Concello instalará cámaras de vixilancia no parque empresarial, acondicionará dúas rotondas de Benigno Rivera e actualizará a sinalización nese tramo, ao tempo que está a analizar a reorganización dos estacionamentos existentes e a posta en marcha de novas zonas con espazos destinados a este fin. Igualmente avanzou os termos nos que avanza a colaboración que mantén cos colectivos para posibilitar a creación dun aparcadoiro acoutado para camións en terreos municipais do polígono das Gándaras.

Deste xeito, ao longo das próximas semanas procederase á súa licitación que inclúe diferentes puntos de control co obxectivo de ampliar a súa cobertura a unha porcentaxe moi elevada da zona industrial. Así, haberá cámaras na avenida de Benigno Rivera, na súa confluencia con Infanta Elena; nas inmediacións de rúa Agricultura e na rúa das Comunicacións na contorna da rúa dos Carros, de forma que permita captar o tránsito de vehículos entre ambos polígonos e no seu enlace coas vías de comunicación próximas.

Inicialmente instalaranse 6 cámaras de diferentes características técnicas que contarán, así mesmo, cun sistema de alarma antisabotaxe que detecte posibles intrusións non autorizadas. O equipamento estará conectado cunha central receptora de alarmas e integrarase, alén, no software de xestión da Policía Local de Lugo, para que as incidencias tamén poidan ser atendidas por efectivos policiais, que recibirán información de cada incidencia de xeito inmediato para poder ofrecer unha resposta rápida á mesma.

 

Carmén José presentou a xestora do PP de Sarria

A presidenta da xestora do Partido Popular de Sarria, Carmen José López, presentou ao seu equipo que terá como obxectivos fortalecer e dinamizar o partido e seguir a traballar no ben dos veciños e veciñas. Ao acto, celebrado onte durante o transcurso do tradicional Magosto organizado polos populares, acudiron a presidenta provincial, Elena Candia, o secretario xeral provincial, Javier Nodal, e o deputado no Congreso, Jaime de OlanoA xestora está integrada por 18 membros, ademais da propia Carmen José López, –Ricardo Arias, Rocío Camino, Raquel Fernández, José Manuel Fernández, Diana García, Tania Lareo, Eduardo López, Esperanza López, Marcos López, Luís Mato, María José Melle, Martín Páramo, Vanesa Pontón, Jesús Rodríguez, Aitana Sánchez, Manuel Tourón, Jesús Valcárcel, Marcos Vaiña- con persoas que fan a súa primeira incursión a nivel organizativo no partido e outras que formaron parte da lista municipal ou de anteriores comités locais, e na que están incluídos todos os concelleiros.

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, destacou “a celebración destes encontros de confraternidade” e convidou a todos a traballar en beneficio de Sarria e os sarris porque “xuntos somos máis fortes”.

Balance Grupo Municipal

A popular sarriá aproveitou para facer balance do traballo realizado dende o Grupo Municipal nestes intensos primeiros 18 meses de lexislatura nos que levou a cabo unha labor fiscalizadora pero, tamén, unha labor propostivia con 28 propostas a través das mocións que levamos para, entre outras, mellorar dotacións e comunicacións no rural, os espazos públicos, a imaxe do municipio, da vila, do funcionamento do Concello ou para intentar facer avanzar cousas que levan moitos anos enquistadas en Sarria.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A presidenta da xestora do Partido Popular de Sarria, Carmen José López, presentou ao seu equipo que terá como obxectivos fortalecer e dinamizar o partido e seguir a traballar no ben dos veciños e veciñas. Ao acto, celebrado onte durante o transcurso do tradicional Magosto organizado polos populares, acudiron a presidenta provincial, Elena Candia, o secretario xeral provincial, Javier Nodal, e o deputado no Congreso, Jaime de Olano.

A xestora está integrada por 18 membros, ademais da propia Carmen José López, –Ricardo Arias, Rocío Camino, Raquel Fernández, José Manuel Fernández, Diana García, Tania Lareo, Eduardo López, Esperanza López, Marcos López, Luís Mato, María José Melle, Martín Páramo, Vanesa Pontón, Jesús Rodríguez, Aitana Sánchez, Manuel Tourón, Jesús Valcárcel, Marcos Vaiña- con persoas que fan a súa primeira incursión a nivel organizativo no partido e outras que formaron parte da lista municipal ou de anteriores comités locais, e na que están incluídos todos os concelleiros.

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, destacou “a celebración destes encontros de confraternidade” e convidou a todos a traballar en beneficio de Sarria e os sarris porque “xuntos somos máis fortes”.

 Balance Grupo Municipal

A popular sarriá aproveitou para facer balance do traballo realizado dende o Grupo Municipal nestes intensos primeiros 18 meses de lexislatura nos que levou a cabo unha labor fiscalizadora pero, tamén, unha labor propostivia con 28 propostas a través das mocións que levamos para, entre outras, mellorar dotacións e comunicacións no rural, os espazos públicos, a imaxe do municipio, da vila, do funcionamento do Concello ou para intentar facer avanzar cousas que levan moitos anos enquistadas en Sa

Controversia entre o Goberno municipal e o PP polo cuartel de san Fernando

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, esixiu esta mañá un maior compromiso do Goberno autonómico co futuro Museo da Romanización. A rexedora, acompañada polo portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro e a ex alcaldesa de Lugo, anunciou que trasladou ao grupo parlamentario socialista unha emenda que será presentada polos seus compañeiros no Hórreo co obxectivo de que a Xunta inclúa nos Orzamentos de 2025 unha partida para rehabilitar o cuartel de San Fernando. “Que Lugo sexa o referente galego e do noroeste español en conservación, investigación e divulgación do pasado romano é un proxecto de cidade que o Goberno local e a sociedade lucense consideramos irrenunciable e algo polo que levamos máis dunha década pelexando”, sinalou a rexedora. Tamén destacou a proxección autonómica, nacional e internacional desta futura sede patrimonial á vez que puxo en valor as implicacións económicas e culturais que a súa posta en marcha tería non só para Lugo, senón para toda Galicia. Precisamente por ese motivo, a alcaldes lamentou que a Xunta se borrara desta iniciativa a pesar de ter comprometida formalmente a súa participación. “Ata o 2013, esta aspiración tamén foi un proxecto galego, e por tanto, compartido pola Xunta, a quen lle compete por lei salvagardar os restos arqueolóxicos”, lembrou a rexedora.

Replica dos Populares

O Partido Popular, nun comunicado, recriminou ao PSOE a posta en escena desta mañá para reivindicar a rehabilitación do cuartel de San Fernando reclamando fondos á Xunta cando foi o goberno local quen desistiu de acadar estas axudas da Unión Europea.

A Xunta mantén o seu compromiso de poñer o diñeiro “sempre e cando o concello consolide o plan previsto e consiga o financiamento necesario”. Hai que lembrar como en 2022 acadouse un consenso de que a administración autonómica colaboraría no Plan Director e na musealización, quedando á espera da cantidade final que se obtería de fondos europeos.

A realidade é que o goberno local é quen incumpre o pactado coa Xunta “desistindo expresamente da súa solicitude, unha vez presentada tal e como recoñeceu no pleno ordinario de outubro a edil Ana Abelleira a preguntas do Grupo Municipal” .

Os populares tamén aproveitaron para pedir a Lara Méndez algo de autocrítica xa que cando foi alcaldesa renunciou aos fondos do cuartel de San Fernando cando houbera sido moito máis útil xestionar este financiamento para o recuperar o cuartel que conseguir fondos para infraestruturas como as Caldas, carril bici , e o Edificio Impulso Verde que so lles serven para a súa propaganda.

Por último reprochan que o PSOE reclame á Xunta que se faga cargo dun edificio municipal, tras dúas décadas de inacción de gobernos socialistas e nacionalistas, e esgrime a responsabilidade autonómica sobre o patrimonio, cando é unha obriga da que por lei ten que responsabilizarse o propietario do inmoble, é dicir, o Concello. Ademais apuntan dende o PP, a anterior alcaldesa, Lara Méndez, comprometeuse a facer o Museo da Romanización “sí o sí” incluso con fondos propios. Catro anos despois o  único cambio é que fuxiu do seu compromiso dimitindo do seu cargo.

 

 

Esta tarde os cines Codex proxectan un pase único do documental “Os espazos en branco”

Hoxe venres 15 de novembro ás 20:30h os cines Codex proxectan un pase especial do documental “OS ESPAZOS EN BRANCO” que recibiu o Premio Mestre Mateo 2024 a Mellor Documental. Bruno, o seu director, estrease no cine cun documental onde explora a pegada que a súa tía, Xela Arias, deixou nel e que acaba conformando unha intensa e emotiva reflexión sobre a memoria.

Sinopse: Bruno leva moito tempo cunha espina cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.

Os cines Codex estrean esta tarde o filme “ANORA” Palma de Ouro en Cannes

Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os films “ANORA” “GÓNDOLA” e un pase especial o venres ás 20:30h do documental “OS ESPAZOS EN BRANCO”.

“ANORA”, gañadora da Palma de Ouro Mellor Película no Festival de Cannes 2024, é unha película arriscada e valente cun resultado que roza o entusiasmo, divertida pero ao mesmo tempo moi triste, e cunha extraordinaria Mikey Madison no seu papel protagonista.

Sinopse: Anora, unha moza prostituta de Brooklyn, coñece e impulsivamente casa co fillo dun oligarca ruso. Cando chega a noticia a Rusia, os pais do mozo deciden viaxar a Nova York para intentar conseguir a anulación do matrimonio.

“GÓNDOLA”, unha película burlesca de gran inventiva, chea de encanto e de amor. O filme consegue o Premio a Mellor Longametraxe do IX Festival de Cine LGTBI do Centro Niemeyer. Unha película coñecida polo seu peculiar estilo sen diálogos, retrata a historia de amor de dúas mulleres que traballan nun teleférico nas montañas de Georgia

Sinopse: Un teleférico conecta dous pobos nunha zona turística nas montañas de Georgia. Iva empeza a traballar no teleférico como asistente; o teleférico ten dúas góndolas, cando unha sube a outra baixa, encontrándose a medio camiño. A encargada da outra góndola é Nino. Iva e Nino vense cada media hora, cando se cruzan as góndolas de ida e volta. Esta é a única interacción entre elas, o punto de encontro no aire, pero pouco a pouco vai nacendo un vínculo entre as dúas e unha noite atópanse fóra do horario.

Asemande hoxe venres 15 de novembro ás 20:30h os cines Codex proxectan un pase especial do documental “OS ESPAZOS EN BRANCO” que recibiu o Premio Mestre Mateo 2024 a Mellor Documental. Bruno, o seu director, estrease no cine cun documental onde explora a pegada que a súa tía, Xela Arias, deixou nel e que acaba conformando unha intensa e emotiva reflexión sobre a memoria.

Sinopse: Bruno leva moito tempo cunha espina cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com