Novas

A CHMS constrúe unha nova estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica en Friol

Para mellorar a xestión e control dos recursos hídricos, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), dá un paso máis coa construción dunha nova estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) no río Narla, ao seu paso polo municipio lucense de Friol.

Cun investimento de máis de 54.000 euros, a construción desta nova estación permitirá rexistrar e transmitir en tempo real datos hidrometeorológicos esenciais para a súa explotación e análise no Centro de Control de conca (CECU).

Estas accións non só buscan mellorar a capacidade de resposta fronte a emerxencias, senón tamén optimizar o uso sostible da auga para minimizar o impacto no cambio climático e previr fenómenos meteorolóxicos extremos. POCTEP RISC_PLUS, un proxecto cofinanciado por FEDER. As accións realizadas baixo o proxecto POCTEP RISC_PLUS están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VIN A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea.

Máis de vinte obradoiros venden os seus produtos no Artesanfroilán

Esta tarde inaugurouse a feira de artesanía ArteSanFroilán, organizada polo Centro de Artesanía e Deseño, que venden os seus produtos unha
vintena de obradoiros artesáns.

Produtos de cerámica, textil, coiro ou madeira predominan na mostra, que amosa a calidade da artesanía lucense, con pezas únicas, elaboradas á man, que reflicten a creatividade de artesáns e artesás e os novos camiños que se abren para os oficios tradicionais na sociedade actual.

A instalación nos postos é, un ano máis, de balde para as firmas de artesanía, que teñen un escaparate para os seus produtos en plenas festas.
O  ArteSanFroilán, ubicado na Praza Anxo Fernández Gómez -detrás do Concello de Lugo – estará aberta ata o 12 de outubro, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.

Os obradoiros participantes son: Senda Coiro, Regal Cerámica, Bolboretas de coiro, Tres caracoles, La mosquita muerta, Enxógate, Vidal Revilla, Iria Pigueiras-Imavi, Fonte meimil, Amigurumis Jano, Patapúm, Ceniza de papel, Portomañekos, Lucecús,  Mi madre no me deja, La bellota mágica, Rappa taller, A Sariña maquinando, Esquina Atlántica SL, Artesanía do pasatempo e Cunqueiro.

O Concello de Lugo aproba o novo Plan de Emerxencias Municipal

O Concello de Lugo vén de aprobar inicialmente o seu novo Plan de Emerxencias Municipal, un documento aberto chamado a dar resposta as diefrentes necesidade en materia de prevención e seguridade ás distintas continxecias que poidan sobrevir no futuro. O texto completo foi validado pola XGL e será remitido á Dirección Xeral de Emerxencias do goberno autonómico para ser informado antes da súa aprobación definitiva.

Este documento, elaborado da man do equipo de Protección civil e que vertebra todos os protocolos de seguridade pública a nivel local,  analiza  os riscos de posibles emerxencias, valora as súa consecuencias e define os protocolos de acción e a estrutura organizativa de todo o persoal implicado. A súa actualización, como consecuencia do crecemento da cidade, os avances tecnolóxicos ou o cambio climático, inclúe novas áreas e riscos que non estaban contemplados ata o de agora. Ademais, no que respecta á súa operatividade, simplifica os protocolos, facilitando que a intervención sexa fácil de desenvolver polos membros do dispositivo.

Ademáis, a nova dixitalización do sistema  facilitará a reevaluación de riscos e a súa magnitude por medio dunha sinxela aplicación informática desenvolvida á ocasión, facilitada ao persoal de Protección Civil, que permite obter facilmente os novos resultados e consecuencias. As bases de información para a súa elaboración son variadas, pero a maior parte son datos espaciais (integradas en sistemas de información xeográfica ou SIG), que permiten representar todos os elementos implicados nunha emerxencia (causas e consecuencias) ou ben permiten a toma de decisións para a elaboración de protocolos de acción.

Constituída a agrupación socialista da Pobra do Brollón co obxectivo de acadar a alcaldía nas vindeiras eleccións

Os socialistas veñen constituír a nova Agrupación Socialista da Pobra do Brollón, un paso importante que representa o compromiso coa veciñanza deste municipio.

Os membros da nova executiva da Agrupación Socialista da Pobra do Brollón ocuparán os seguintes cargos: Secretario Xeral: Adolfo Rubio Pascua, Secretario de Organización: Javier Quiroga Castro e Secretaria de Política Municipal: Tamara Rodríguez Pérez

Adolfo Rubio Pascual, recentemente elixido Secretario Xeral, manifestou a súa ilusión e determinación por liderar un proxecto que ten como principal obxectivo acadar a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. “Queremos traballar man a man coa veciñanza da Pobra do Brollón para mellorar os servizos e a calidade de vida. Este é un obxectivo alcanzable e estamos convencidos de que, coa nosa entrega e esforzo, poderemos ofrecer un proxecto sólido e ilusionante para o noso concello”, afirmou Rubio Pascual.

A Agrupación Socialista da Pobra do Brollón arranca con forza e co obxectivo claro de conquistar a alcaldía, “unha meta que sería altamente beneficiosa para a veciñanza dada a boa sintonía entre o proxecto socialista local, o Goberno Central e a Deputación de Lugo”, afirma Rubio, o que pode traducirse en proxectos concretos e melloras importantes para o municipio, entre as que sobresae a aposta decidida da Deputación de Lugo coa construción dun novo Centro de Atención a Maiores na Pobra do Brollón. Esta infraestrutura será clave para garantir o benestar dos nosos maiores, ofrecendo atención de calidade e servizos esenciais para as familias do concello.

Dende o PSdeG, amósanse convencidos de que o traballo conxunto e o diálogo coa veciñanza serán as claves para lograr os obxectivos marcados, e confían en que a nova Agrupación Socialista da Pobra do Brollón sexa un axente activo de cambio

Plan de Tráfico en varias rúas do Centro Histórico pola Feira de Olería

Debido ás necesidades de espazo que precisa a Feira de Olería, programada dentro das actividades do San Froilán, do 3 ao 6 de outubro aplicarase un novo Plan de Tráfico que afectará á circulación en varias vías do Centro Histórico.
Deste xeito, os residentes no fondo da Praza de Santo Domingo, e as rúas Armanyá e Músico Gustavo Freire, así como os vehículos autorizados e de carga e descarga, efectuarán o acceso e saída á Praza de Santo Domingo a través da propia Rúa Armanyá.
Pola súa banda, a zona de estacionamento fronte ao Mercado estará reservada dende o 3 de outubro, ás 7:00 horas, ata o 7 de outubro, ás 16:00 horas, para as necesidades de ambos os dous eventos. Polo que non se poderá estacionar durante este tempo.
Toda a sinalización necesaria será instalada con antelación.

O Concello activa un dispositivo especial de limpeza para o San Froilán

Durante as xornadas festivas, o dispositivo cubrirá non só as áreas tradicionais de maior afluencia, como a Praza Maior, Praza de Santa María e Horta do Seminario, senón tamén barrios como Sagrado Corazón, As Gándaras e outras zonas máis periféricas.  Ademais, o número de contedores será reforzado en puntos clave, como as casetas do polbo e as zonas de botellón, con especial atención á recollida de vidro. Para iso, instalaranse contedores co sistema VACRI, un método que facilita a recollida eficiente de grandes cantidades deste tipo de envases, reducindo a necesidade de manipulación manual e mellorando a seguridade e rapidez no baleirado.

O dispositivo de limpeza contará cunha gran variedade de medios mecánicos avanzados. Entre eles, destacan 3 barredoras de calzadas a gas natural comprimido (GNC), 3 barredoras de aceras 100% eléctricas, e 2 camións cisterna de rego e baldeo. Estas máquinas permitirán unha cobertura eficiente e sostible das áreas máis transitadas.

Ademais, estarán dispoñibles 3 camións tipo satélite para a recollida de residuos xerados nas zonas de celebración, especialmente en lugares onde se prevén concentracións elevadas de persoas. Para garantir a limpeza continua, tamén se contará con hidrolimpiadoras eléctricas, que permitirán unha intervención rápida e eficaz en espazos públicos sensibles.

Un dos puntos clave deste dispositivo será o traballo intenso a partir das 6 da mañá, que cubrirá tanto a zona centro como as inmediacións dos concertos. Estes labores serán especialmente importantes para dar servizo aos establecementos de hostalería, que ampliarán os seus horarios de funcionamento durante as festas.

Os vehículos eléctricos continúan a ser unha parte fundamental do dispositivo pola súa contribución á sostibilidade e redución de ruído. Estes vehículos, como os triciclos eléctricos e as barredoras, serán esenciais para unha recollida áxil de residuos e permitirán manter as zonas limpas sen interromper as actividades.

A Policía Local inspecciona establecementos de lecer no casco histórico e realíza outras intervencións

Por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizáronse inspeccións en locais de lecer nocturno situados no recinto histórico, co seguinte balance: Nun establecemento levantouse acta de denuncia por infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas, ao detectar que realizaba a súa actividade coas portas abertas, transmitindo niveis altos de ruído ao exterior, xa que pola súa licenza teno prohibido. Nun local con licenza de cafetería detéctase que nun dos televisores, o máis grande do establecemento, o son é excesivo e moi superior ao resto, descubrindo no seu parte inferior unha barra de son, a cal está conectada por un cable ao televisor, que ao desenganchalo deixa de soar totalmente, polo que se levanta acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas, xa que este tipo de locais teñen prohibida a reprodución de música co emprego de potenciadores de son.

Detención por quebrantamento de condena

Na tarde de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola sala do 092 para que acuda á rúa Gustavo Freire xa que ao parecer estase quebrantando unha orde de afastamento. Ao chegar ao lugar os axentes localizan no interior da estación de autobuses a unha muller. O home xa non se atopaba no lugar, polo que os axentes trasládanse ao lugar de residencia actual, localizándoo e procedendo á súa detención por un presunto delito de quebrantamento de condena, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para a súa remisión ao Xulgado.

Venda ambulante non autorizada

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa, con motivo do “mercadillo” semanal celebrado no día de onte, sorprenderon a cinco persoas ocupando espazo público para a realización de venda ambulante non autorizada, sendo denunciadas por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción de 600 euros a cada unha delas.

Aparcacoches non autorizados

Na mañá de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, sorprendeu a dúas persoas nas inmediacións do HULA realizando labores de aparcacoches, ocupando a calzada para indicar espazos de estacionamentos libres aos condutores, sendo identificados e denunciados por infracción á normativa de Seguridade viaria por ocupar a calzada existindo zona peonil e exercer actividade que pode crear risco propio ou para o resto de usuarios da vía, causando molestias innecesarias.

 Molestias á veciñanza

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprendeu a un grupo de cinco mozos no adarve da Muralla cun altofalante que reproducía música en ton moi elevado e molesto para os veciños da zona, sendo identificado o responsable e levantándose acta de denuncia por infracción ás ordenanzas municipais de contaminación acústica

A Plataforma pro residencia de Becerreá entregará mañá 2500 sinaturas na Deputación

Durante as pasadas semanas a Plataforma pro  apertura da residencia de Becerreá, estivo a recoller sinaturas pola comarca dos Ancares para instar ao Goberno Provincial de Lugo a que proceda  a apertura de dita residencia, a cal leva tres anos pechada. Queda para a súa posta en marcha realizar o amoblamento da cociña e obras no centro de transformación de enerxía, neste último semella que se fixo algún traballo en días pasados.

Poren, A Plataforma, seguirá, mentres non se leve a cabo a apertura, a realizar accións encamiñadas a traballar a prol da posta en marcha de dita infraestrutura, tan necesaria nesta comarca.

Para elo, mañá, 2 de outubro, serán entregadas no rexistro da Deputación ás  9.30 horas máis de 2500 sinaturas que demandan a apertura da residencia e en defensa do rural e de mellores servizos.

Balseiro esixe a chegada do AVE a Lugo

O senador do PP por Lugo, José Manuel Balseiro, esixe “a construción das variantes ferroviarias necesarias para que o AVE chegue a Lugo” e denuncia a “evidente discriminación que sofre a provincia galega en materia ferroviaria”.

Así o reclamou hoxe durante o debate dunha moción do PP na Comisión de Transportes do Senado, que foi aprobada a pesar do voto en contra do PSOE.

José Manuel Balseiro resalta que Lugo “é a única provincia galega á que non chegan os trens AVE e é a única capital privada deste servizo ferroviario. Lugo non merece o trato inxusto, discriminatorio e cruel co que nos castiga o Goberno de Sánchez”, remarca. ·

Asegura que “a propia Renfe obriga a unha viaxe de 800 km para chegar a León, cando esta cidade está a menos de 200 km de Lugo e, por se isto non fose suficiente, moitas das liñas ofertadas pasaron de ser servizos directos a prestarse con transbordos, que adoitan ser máis caros”.

Reprocha ao PSOE que estea “conforme con esta situació” e reclama explicacións sobre os investimentos na provincia, insuficientes para que chegue o AVE a Lugo. “Non permitamos que o Goberno de Sánchez nos converta en cidadáns de segunda en cuestións ferroviarias”, conclúe José Manuel Balseiro.

Shakira

Como auga de maio agardamos que se confirme que o auditorio nonnato de Lugo se inaugurará o próximo Nadal cunha actuación que nunca se vira na capital lucense. Despois de tantos anos agardando por esta singular instalación, que agora vaia abrir as portas produce razonable satisfacción.

Ao enterarnos da noticia, supoño que todos botamos a imaxinación a voar polos ceos da música e das artes, saboreando de antemán a posta de Lugo en lugar preferente do panorama da cultura nacional… pero non fixo falla que chegara a rebaixa axeitada ás posibilidades dunha economía que parece non vivir os mellores momentos, senón que unha sóa palabra bastou para poñernos no noso lugar, que sabemos cal é.

Alguén dos que elucubraron posibilidades vese que dixo unha palabra ao azar – Shakira! – e en lugar de recibir unha rotunda negativa diante do evidente desnivel, só mereceu un comentario de circunstancias, non fose a ser que por aí foran os tiros.

Só unha palabra basta para saber por onde andamos e que a alma se nos murche, alomenos a parte da alma que pensa que o Auditorio novo ten que ser algo serio para Lugo. Para que veña Shakira temos as beiras do Miño, os pavillós de deportes ou a nova praza de San Fernando, e xa postos tamén poderían contratala para o San Froilán, que seguro farían as ledicias de moita xente, pero pensar que podería abrirnos as portas do auditorio aos lucenses excépticos, é descoñecer as apetencias que a cidade pode ter en canto ás posibilidades dunha instalación á que temos que poñer a proba para comprobar que está á altura das nosas necesidades; e que estamos á altura das súas posibilidades.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com