En declaración feitas en rolda de prensa, a xefa da oposición no Concello de Lugo, Elena Candía, fixo esta aseveración:“sabíamos que non había confianza entre o PSOE e o BNG e que o alcalde se ausenta de forma estratéxica para evitar asinar facturas con reparos das áreas que pertencen a Bloque. Non é a primeira vez que denunciamos este tipo de manobras”.
Candia reiterou “agora xa pasamos unha liña vermella. Esta desconfianza vense de exteriorizar co decreto que acabamos de descubrir e que asinou onte o alcalde con respecto a unha factura do Lugo Máxico de 2025”.
Segundo a portavoz popular, “Miguel Fernandez di que non vai pagar a factura que aprobou por decreto Arroxo o 14 de outubro, estando como alcalde en funcións. Neste documento Miguel Fernández rectifica ao seu socio nacionalista indicando que unha factura que non cumpre os requisitos para a súa tramitación e pago, posto que non está acreditada a realización do servizo polo que a persoa licitadora factura ao concello”.
“Nós xa temos criticado con anterioridade a ausencia durante horas do alcalde para dar un cheque en blanco a Arroxo para que asinase facturas con reparos. Isto supón unha estafa aos lucenses, e demostra que o seu pacto so é para que non goberne o PP, o partido gañador das eleccións. Na páxina 3 do decreto que asina Rubén Arroxo indicase que as facturas están acreditadas tendo en conta a conformidade prestada polas Concellerías delegadas e os servizos técnicos municipais ás mencionadas facturas electrónicas, corroborando así a efectiva execución dos servizos detallados nelas”. Incidiu a voceira popular.
Por tanto, ou “minte Ruben e de ser así pedimos que o alcalde, de maneria inmediata, o cese das súas responsabilidades. Ou se quen minte é o alcalde: simulando unha operación de falsa fiscalización. Neste caso Rubén Arroxo debería defender que se pague ao provedor”. Sinala Candia.
“Ante esta situación dende o Partido Popular pedimos explicacións urxentes sobre o que nos parece un feito moi grave. Segundo a Intelixencia Artificial, o pago por servicio no prestado desde una administración como una práctica que constituye una irregularidad administrativa grave, al vulnerar los principios de legalidad, eficiencia, transparencia y control del gasto público”. Asimismo, puede dar lugar a responsabilidad contable, administrativa o penal. En los casos en que exista intención o conocimiento del carácter indebido del pago, la conducta puede encuadrarse en el tipo penal de malversación de caudales públicos, conforme a lo previsto en el artículo 432 y siguientes del Código Penal … Subliñou Candia.
A voceira do Grupo do PP explicou tamén na rolda de prensa, que “xa leva tempo fiscalizando o proxecto do Lugo máxico dende que o BNG, de forma unilateral, rompeu coa traxectoria deste evento atopándonos con dificultades e barreiras para acceder a documentación”. Rematou.
Resposta de Rubén Arroxo
O Tenente de alcalde Rubén Arroxo, segundo puido saber este xornal, ameazou con levar diante dos tribunais á voceira popular Elena Candia por calumnias. E dixo que non ía aturar máis insultos nin acusacións.




