ADEGA plantación eucaliptos

O BNG insta á Xunta de Galicia a manter a moratoria do eucalipto ata o 2030

Unha proposta presentada polo BNG na que insta á Xunta de Galicia a manter a moratoria do eucalipto ata 2030 foi aprobada polo Pleno provincial. A deputada Iria Castro defendeu a iniciativa, que reclama á Xunta de Galiza unha xestión activa do monte que garanta a creación de riqueza e emprego no país.

A moción, aprobada cos votos de BNG e PSdG, contempla o mantemento da moratoria do eucalipto no marco doutras demandas para desenvolve un monte funcional e que xere riqueza e emprego , apostando pola ciencia a e innovación para solucionar problemas como de sanidade vexetal como a mancha do piñeiro e por actividades económicas que pechen o ciclo produtivo da madeira no país.

A nacionalista subliñou que “o BNG non está en contra do eucalipto, pero non podemos camiñar cara un sector forestal que dependa exclusivamente desta especie, porque iso podería supoñer unha baixada do prezo e un perigo no caso dunha praga similar á que sofren agora os piñeiros”, explicou.

A deputada aseverou que “Galicia acumula o 50 por cento das cortas de eucalipto do Estado, pero só un 13 por cento da facturación e do emprego”.

“O que pedimos con esta moción é que se poñan en marcha os mecanismos xa establecidos nas normas e nos plans estratéxicos deseñados pola propia Xunta de Galicia e se mire dun xeito positivo e innovador para o sector forestal”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com