O bus urbano volta ao centro de Lugo o luns 15 de setembro

O Concello de Lugo anunciou a volta do bus urbano ao seu percorrido habitual polo interior da muralla, despois do remate das obras de peonalización. Segundo explicou o Tenente Alcalde, os buses das liñas 7, 8, 9 e 12 volverán ao seu percorrido habitual subindo pola rúa Montevideo, e parando no cruce de Montevideo con Quiroga Ballesteros a partir do vindeiro luns 15 de setembro.

O billete ordinario custa 0,64€, con desconto a 0,45€ usando a Tarxeta Cidadá, e só 0,31€ para colectivos bonificados (persoas con mobilidade reducida, pensionistas, estudantes ou persoas desempregadas). Ademais, os transbordos son gratuítos para quen emprega a Tarxeta Cidadá.

Asemade dende o Concello tamén anunciaron que o vindeiro 22 de setembro e coincidindo co “Día Europeo sen Coches”, o bus urbano será gratuíto

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com