O Concello de Lugo concedeu 279 licencias urbanísticas

O Concello de Lugo concedeu 279 licencias urbanísticas por un valor de máis de 55 millóns de euros, o que supón 23 licencias máis que en todo o 2024. Nestes sete meses, autorizáronse entre outras xestións 155 novas vivendas en edificios; 110 reformas e rehabilitacións e 14 construccións para vivendas unifamiliares no municipio, o que a xuízo do alcalde de Lugo, Miguel Fernández, “supón incrementar o bo ritmo do pasado exercicio, no que se concederon un total de 256 licencias. Ata de agora xa levamos 279 tramitadas polo que creo que estamos nunha moi boa dinámica, cunha maior axilidade, para seguir avanzando no desenvolvemento urbanístico da nosa cidade”.

Ademais das 279 licencias concedidas entre xaneiro e xullo deste ano, desde o departamento de Urbanismo tramitáronse 925 comunicacións previas, fronte ás 1.821 rexistradas ao longo de todo o ano pasado.

Neste sentido, hai que destacar que os cambios introducidos xa hai máis dun ano e medio nas modificacións na tramitación, permiten axilizar e simplificar moito os procedementos, como é o caso das licencias de obra menor de ata 300.000 euros que desde finais de febreiro de 2024 se resolven sen ir á Xunta de Goberno Local.

De feito, o edil de urbanismo explica que “ao longo destes sete meses, houbo esas 925 comunicacións previas de obra menor, pero tamén outro tipo de actividades como as 107 comunicacións por apertura de locais ou modificacións de negocios; 14 declaracións responsables por, principalmente, apertura de establecementos de hostalería; 111 cambios de titularidade e 12 procedementos de control posterior”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com