O Concello de Lugo pon en marcha a campaña de plantación de flor de tempada

O Concello de Lugo puxo en marcha esta semana a campaña de plantación de flor de tempada para a primavera. Durante cinco semanas, os equipos municipais intervirán en 31 espazos verdes repartidos por toda a cidade, coa colocación de 37.300 unidades de planta ornamental.

A actuación abrangue tanto espazos emblemáticos do centro, como o Parque de Rosalía, a Praza Maior ou a Praza da Constitución, como tamén zonas residenciais e puntos de acceso como Garabolos, Fonte dos Ranchos, Paradai ou a Praza de San Xoán.

O plan de plantación inclúe unha ampla variedade de especies de flor adaptadas ao clima primaveral e cun elevado valor ornamental, como begonias, petunias, impatiens, tagetes, dianthus, coleus ou surfinias. Estes traballos permitirán revitalizar as zonas verdes, achegar cor á paisaxe urbana e favorecer a biodiversidade, xerando espazos máis agradables para o paseo, o encontro e a convivencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com