O Concello de Lugo pon en marcha esta semana as xornadas de ocio con familias

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude e coa colaboración do Plan Nacional sobre Drogas, pon en marcha esta semana as xornadas de Ocio con familias, unha das citas centrais da programación de verán do programa +XTi. Celebraranse os domingos 17, 24 e 31 de agosto, de 11:00 a 21:00 horas, e desenvolveranse en tres espazos verdes diferentes: o 17 no Paseo do Río Miño (zona traseira do Pazo de Feiras), o 24 no Paseo do Río Rato (merendeiro) e o 31 no parque de Frigsa (zona axardinada detrás da Casa da Muller).

Cada xornada comezará cunha recepción e rexistro de participantes, coa entrega de gorras e material, e contará con música ambiental durante todo o día. O programa incluirá debate e asesoramento sobre prevención de adiccións a cargo do psicólogo Denis Fernández Varcalcel, dinámicas interxeracionais e interculturais, un picnic saudable con xogos de sobremesa, unha olimpíada colaborativa con circuito de probas en familia, un obradoiro de coctelería sen alcohol e unha sesión de ioga e danzaterapia guiada por Eva de la Torre, antes da entrega de premios.

A actividade está dirixida a familias lucenses e conta con aforo limitado (máximo 20 familias por día, grupos de 2 a 5 membros). A participación é por orde de chegada e inclúe comida de balde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com