O alcalde de O Corgo , Felipe Labrada, reuniuse hoxe coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, co obxectivo de avanzar na ampliación do polígono industrial deste municipio lucense.
No encontro Lorenzana aproveitou para trasladarlle o compromiso firme da Xunta e ofreceulle a colaboración para avanzar nas posibilidades de desenvolvemento de solo empresarial e industrial.
A estratexia do Goberno galego pasa por facilitar o asentamento de novas empresas en Galicia e ampliar as que xa están instaladas, e por desenvolver solo industrial nos concellos que teñen necesidade e onde as empresas están esperando para poder asentar as súas industrias. Trátase de ter un desenvolvemento industrial homoxéneo en toda a Comunidade.