O conselleiro do Mar e exalcalde de Cervo dimite tras unha denuncia por agresión sexual

Alfonso Villares declarou que era inocente de tales cargos, pero dimite para poder defenderse e non prexudicar ao goberno da Xunta. Agradeceu ao Presidente da Xunta, Alfonso Rueda e ao seu equipo na consellería a confianza depositada.

A renuncia ven dada ao ter coñecemento onte de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estaba a investigalo após unha denuncia formulada pola exmodelo ferrolá Paloma Lago.

Dita denuncia presentouse hia uns meses nun xulgado de Ferrol pero pasou  ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao estar Villares aforado, poren o expediente volvera ao xulgado da cidade departamental ao renunciar ao cargo de conselleiro e, polo tanto perder dito aforamento.

O xa exconselleiro declarou que, estes eran uns momentos que estaba a vivir máis  difíciles dende que entrou en política hai 30 anos, poren espera demostrar a súa inocencia e volver axiña á política subliñou o dano que estes feitos poden ocasionar na súa contorna familiar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com