O grupo de rock Ilegales cancela a súa xira de concertos

O grupo asturiano de rock Ilegales enviou esta mañá un comunicado aos medios onde informaba de que cancelaba a súa xira de concertos por tempo indefinido. O motivo segundo indican na nota enviada, é a enfermidade do cantante, guitarrista e líder da banda, Jorge Martínez, o cal debe someterse a un tratamento contra o cancro que padece. No seu comunicado a banda explica que as complicacións son “máis severas do previsto inicialmente” polo que  “hoxe, máis que nunca, é hora de poñer a saúde por diante” e rematan trasladando un gran agradecemento a todos os seus seguidores que acompañaron á banda durante todos estes anos.

Asemade piden desculpas a todos aqueles que mercaron a entrada para ver o seu concerto e dende a tiquetera informan que se poñerán en contacto cos compradores para informarlles do sucedido e proceder á devolución das entradas.

Cabe destacar, que o grupo Ilegales tiña previsto dar un concerto en Lugo o 22 de novembro na sala Tebras, o cal como é lóxico queda suspendido.

A banda remata o seu comunicado confiando “na fortaleza e o carácter indomable de Jorge que lle permita superar esta etapa e confían en volver pronto aos escenarios e reencontrase co seu público”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com