A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo, situada na avenida de Ramón Ferreiro, acollerá o próximo luns 22 de decembro o tradicional concerto de Nadal do Orfeón Lucense.
A actuación será ás 19,00 horas no salón de actos, con entrada libre ata completar aforo. A agrupación interpretará un repertorio de temática navideña, cunha duración aproximada de 45 minutos.
A actividade forma parte da ampla programación cultural que promove a Biblioteca durante todo o ano. Entre outras accións, cada semana acolle clubs de lectura para adultos e iniciativas de animación á lectura para público infantil e xuvenil, como contacontos e obradoiros, que rexistran unha elevada demanda.






