O Ministerio de Transportes elimina a limitación de 100km/h na A-54 en Guntín

Goberno do Estado rectifique a súa postura e elimine as limitacións de 100 km/h que se mantiñan en 11 quilómetros da A-54, ao seu paso por Guntín, permitindo de novo circular a 120 km/h.

Os senadores do PP de Lugo celebran que se suprima esta limitación e lembran que foi “a presión constante do PP e as insistentes reclamacións dos lucenses” o que obrigaron ao Ministerio de Transportes a corrixir unha decisión que o propio Goberno defendeu como inamovible. “En outubro o Goberno de Pedro Sánchez aseguraba, por escrito, que non tiña intención ningunha de modificar a limitación, apelando á normativa interna do Ministerio, pero hoxe vemos como podían e debían facelo”, explican.

Os populares subliñan que manter unha autovía limitada a 100 km/h era “unha anómalo e non tiña ningún sentido, xa que só xeraba malestar entre os condutores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com