O PP advirte de deficiencias nas pistas de tenis do Palomar

O Grupo Municipal Popular  denuncia “o lamentable estado das pistas de tenis de O Palomar e a falta de actuación responsable por parte do goberno municipal, que está a poñer en risco a seguridade dos deportistas”.

Xa no pasado mes de abril, o PP rexistrou un escrito con rogo para a súa inclusión en comisión, solicitando o adecentamento das tres pistas de tenis existentes en O Palomar. Porén, a resposta do goberno municipal limitouse a arranxar unicamente unha das pistas, deixando as outras dúas nun estado claramente deficiente.

Para os Populares o resultado “desta actuación parcial non puido ser peor. Por unha banda, dúas das pistas continúan cun firme en mal estado e cubertas de verdín, o que provoca continuos resbalóns e caídas. Por outra, a pista supostamente arranxada presenta un grave defecto de seguridade: un escalón perimetral entre o final da pista e a valla circundante”.

Este pasado fin de semana, durante a celebración do torneo da Copa Deputación, este desnivel provocou unha lesión a un xogador ao intentar
devolver unha bola. Ademais, outro participante no mesmo torneo tivo que ser trasladado ao servizo de Urxencias tras sufrir un accidente nas
instalacións polo verdín das pistas non arranxadas.

Desde o Grupo Municipal Popular consideran “inadmisible” que, tras advertencias previas e cun torneo oficial en marcha, o concello non garantise unhas instalacións deportivas seguras e en condicións axeitadas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com