O PP denuncia que o MIHL sufre un deterioro e abandono inxustificable

Nunha nota de prensa difundida polo PP do concello de Lugo, o edil do PP Agustín Gallego,  quen visitou o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), acompañado pola edil Silvia Colmenero, lembrou que esta infraestrutura cultural, tivo un custe 7.00.000 de euros e foi presentado como un referente vangardista para divulgar a historia da cidade”. Trece anos despois da súa inauguración, o edificio carece de contido definido, a zona da exposición permanente está pechada e baleira, os elementos tecnolóxicos non funcionan e o espazo converteuse nun  multiusos sen identidade museística”.

Gallego lembrou como “o exalcalde socialista Orozco, que impulsou este proxecto, chegou a comparalo coa Casa das Ciencias da Coruña. A realidade é que esa comparación hoxe soa case a burla, mentres outras cidades apostan por espazos vivos e divulgativos, Lugo ofrece un edificio baleiro e sen proxecto”.

O edil lembrou o acontecido días pasados co “festival We Tattoo Lugo, “ é só o último exemplo dun despropósito absoluto na xestión cultural do Concello por parte do BNG. Os organizadores víronse obrigados a cancelar un evento internacional xa anunciado, logo de descubrir as graves deficiencias do Museo nunha visita para preparar o evento. Todo isto sucede sen recibir unha comunicación oficial previa”. “Non recibiron ningunha alternativa viable e a resposta institucional foi completamente insensible, chegando mesmo a negarlles o reembolso íntegro que desembolsaron como garantía do alugueiro do Gustavo Freire que tiñan contratado como espazo complementario”.

A situación agrávase aínda máis, subliña o concelleiro, cando comprobamos que “o pasado venres o Concello anunciaba uns obradoiros de danza contemporánea e tras visitar o museo, tanto pola mañá como pola tarde, constatamos que non se celebrou neste espazo a actividade. A pesar diso, ampliouse o horario do persoal do MIHL mediante correo electrónico, o que implicará o pago de horas extra por un evento inexistentes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com