O PP insta a licitar a área de servizo da A-54 en Palas de Rei

O PP lucense instará ao Goberno de España a licitar o contrato de servizos para a execución e explotación de novas áreas de servizo en ambas marxes da autovía estatal A-54 ao seu paso polo municipio de Palas de Rei.

Os senadores por Lugo – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- defenderán esta iniciativa na Cámara Alta onde o Grupo Popular conta con maioría absoluta que garantirá a aprobación dunha demanda liderada polo alcalde e o goberno municipal, Pablo Taboada, que xa a ten trasladado formalmente ao Goberno de España.

O rexedor explica que “o anteproxecto para a construción dunha área de servizo no p.k.36 da A-54, preto do Centro de Conservación de Carreteras del Estado, data do ano 2017, con Rajoy no Goberno”.

Pero nunha recente resposta oficial, “o Goberno de Sánchez non a considera prioritaria e rexeita a súa construción alegando que non circulan vehículos suficientes por esta autovía, unha circunstancia derivada dos incumprimentos do propio Goberno de Sánchez, xa que ao non estar en funcionamento na súa totalidade, o volume de tráfico tampouco é o mesmo que se estivera rematada”, segundo manifestan os populares”.

Pablo Taboada apunta que a área de servizo é importante para Palas de Rei: “non só para que os usuarios da autovía poidan facer os descansos aquí -o anteproxecto recollía unha zona de aparcamento para máis de 100 camións nas dúas marxes-, senón porque tamén permitirá crear postos de traballo e supón un servizo para os veciños e veciñas aberto as 24 horas”.

 

Os populares inciden en que “esta dotación non suporá gastos porque os terreos xa están preparados e, incluso, hai constancia de empresas interesadas en facerse cargo desta nova infraestrutura” polo que cren que “o Estado debería deixar que libremente foran as empresas as que avaliaran a súa viabilidade económica ou non”.

 

“Ante as malas novas ás que nos teñen acostumado nos últimos tempos dende o Goberno de Sánchez tanto coa autovía, coas paradas e con outras decisións”, os populares cren que, “co que está pasando, Sánchez deberíase ir e deixar gobernar ás persoas que gobernan con criterios lóxicos”.

Os populares rematan dicindo que esta é outra “mala nova á que nos teñen acostumados”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com