O PP pide que a Deputación de Lugo habilite 5millóns de € para axudar aos concellos polos temporais

O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo defenderá no vindeiro pleno a creación dun Plan Provincial Extraordinario de Emerxencia para axudar aos concellos a reparar infraestruturas danadas polos temporais dos últimos meses. A proposta inclúe habilitar unha partida mínima de 5 millóns de euros destinada a axudas directas e urxentes, asistencia técnica e un procedemento administrativo simplificado.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, sinala que os episodios de choivas intensas e vento rexistrados desde finais de decembro provocaron danos relevantes, especialmente en vías locais e camiños rurais. Segundo indica, moitos municipios carecen de recursos suficientes para asumir en solitario os custos das reparacións, polo que considera necesario o apoio provincial.

A iniciativa tamén subliña que as partidas previstas nos programas ordinarios de investimento municipal resultan insuficientes para facer fronte ás actuacións de emerxencia. Por iso, o grupo popular reclama respaldo político para aprobar un plan específico con criterios de reparto obxectivos e áxiles que permita restablecer con rapidez a seguridade e a funcionalidade das infraestruturas afectadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com