O PP recrimina a Arroxo que estea máis preocupado por perder o posto que de solucionar os problemas dos lucenses

En nota de prensa difundida hoxe, o Grupo Municipal Popular “lamenta profundamente que Rubén Arroxo sega instalado nunha visión pequena da política local.

Para os populares “resulta Inaceptable  escoitar a un membro do goberno afirmar que o aumento de poboación dificulta as maiorías absolutas, como se ese fóra o obxectivo”.

O único que parece preocuparlle a Arroxo, segundo os populares “ é que “o Partido Popular poida lograr unha maioría ampla, porque iso implicaría perder o sillón que ocupa agora no bigoberno do Concello de Lugo. Esa é a realidade: está máis pendente de Elena Candia que de solucionar os problemas dos lucenses”.

“Mentres Lugo precisa solucións e proxectos serios, o BNG dedica o tempo a atacar á voceira do Grupo Popular en lugar de celebrar aquelo  que levan dous anos anunciando e que, como se acaba de demostrar, non era certo”. Subliñan.

A nota remata :”as declaracións de Arroxo son o reflexo da súa propia mediocridade política: a de quen asume que só pode aspirar a gobernar perdendo eleccións e a de quen confía máis nos pactos de despacho que no respaldo da cidadanía.”Está claro que Rubén Arroxo está máis preocupado polo futuro do BNG que polo futuro de Lugo”

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com