O PSdeG-PSOE constitúe unha comisión xestora na provincia de Lugo

O PSdeG-PSOE na provincia de Lugo informa da constitución dunha Comisión Xestora á fronte da organización socialista provincial, logo da aprobación da proposta formulada pola Comisión Executiva Nacional Galega e ratificada pola Comisión Executiva Federal do PSOE.

A Comisión Xestora estará presidida por Luis Ángel Lago Lage e contará como vogais con Patricia Otero Rodríguez, Roberto Fernández Rico, Silvia Rodríguez Díaz, Roberto García Pernas, Ana María Hortas Alonso, Miguel Ángel Crende López, Marina Ramudo Graña, Darío Antonio Piñeiro López, Ana González Abelleira e Vicente Parra Vizcaíno.

Con esta decisión, o PSdeG-PSOE garante a estabilidade orgánica do partido na provincia de Lugo e o normal funcionamento da organización, asegurando a continuidade do traballo político e institucional no territorio.

Desde o PSdeG-PSOE na provincia de Lugo trasládase unha mensaxe de responsabilidade e compromiso coa militancia e coa cidadanía, reafirmando a vontade de seguir traballando por un proxecto político sólido, útil e centrado nas necesidades da provincia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com