O PSOE de Lugo propón á alcaldesa de Burela para Presidenta da Deputación de Lugo

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo reuniuse este sábado en sesión extraordinaria para abordar a proposta formulada pola Comisión Xestora do partido e ratificou a súa decisión de propoñer á deputada provincial María del Carmen López Moreno como candidata socialista á Presidencia da Deputación de Lugo.

Durante a sesión, o Comité Provincial ratificou a proposta por aclamación, de conformidade cos estatutos e cos procedementos internos establecidos polo partido.

O acordo adoptado será agora remitido á Comisión Nacional de listas, que emitirá informe e reenviará á Comisión Federal de Listas para a súa aprobación definitiva, de acordo coas normas internas de elaboración e validación de candidaturas do PSOE.

A proposta definitiva será tomada pola Comisión Executiva Federal e remitida ao PSdeG-PSOE de Lugo para a súa aplicación de cara ao pleno do vindeiro 14 de xaneiro de 2026.

Para ser referendada haberá que agardar a que tanto o BNG como o Deputado non adscrito José Tomé apoien á candidata proposta polo PSOE.

Como é sabido os nacionalistas non queren ter ningunha relación con Tomé, e xa pediron ao PSOE que presionen ao alcalde de Monforte para que dimita como deputado. Así as cousas haberá que agardar as negociacións que de seguro se levaran a cabo estes días antes da votación que elixirá a nova dirección provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com