A Sala do Civil e Penal do TSXG ratifica a sentenza imposta pola sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo que condenó a un home a tres anos e medio de prisión, e a pagar unha multa de 4.000 euros, por traficar con cocaína en Lugo. Tivo en conta a agravante de reincidencia e a atenuante de grave adicción ás drogas.
Os maxistrados consideran acreditado, segundo consta na sentenza, que axentes da Policía Nacional interceptaron na rúa ao acusado e incautáronlle cocaína, cuxo valor podería alcanzar os 2.478 euros, e 250 euros en efectivo, “que proviñan da súa actividade ilícita”. O tribunal engade que o seu obxectivo era “distribuíla a terceiras persoas”. Ademais, destaca que o feito de que o investigado fose “consumidor de cocaína de longa duración” foi determinante “na comisión dos feitos”. A sentenza non é firme, xa que se pode recorrer ante o Tribunal Supremo.
Post Views: 0