O TSXG confirma os dez anos de cárcere impostos a un home por agredir sexualmente a unha menor

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirma a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo na que condenou a un home a dez anos de cárcere por agredir sexualmente a unha menor. Os feitos recollidos na sentenza relatan que o investigado, durante a súa estancia de fin de semana no domicilio onde vivía a nena xunto á súa familia, aproveitando que nese momento se atopaban os dous sós, agrediuna sexualmente.

O tribunal rexeita o recurso de apelación presentado pola defensa do acusado apoiándose na presenza do seu ADN na menor. En canto aos recursos presentados polos pais da nena, a Sala desestima o referente a aumentar a pena de prisión, pero acolle o correspondente á indemnización, pois indica que a menor tiña catorce anos cando tiveron lugar os feitos, unha idade na que “as agresións sexuais son especialmente prexudiciais”.  Por ese motivo, fixa a contía en 30.000 euros, en lugar dos 10.000 euros impostos pola Audiencia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com